2013/2/5 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Ola.
>
>
>
> Estou agora mesmo creando o módulo de Transo para o Hunspell, que incluirá
> aquelas palabras acordadas nas trasnadas que o DRAG non considere correctas.
>
>
>
> Escribo algunhas cousas que atopei no HTML que recolle os acordos ata
> Trasnada 12.0:

Antes de nada, mirei todos os detalles que comentas e todos son do
glosario herdado. Para que quede claro, os cadros que aparezan con
fondo azul son acordos de Trasnadas (discutidos e revisados) e os
cadros que teñen fondo gris son termos herdados do anterior glosario
do Proxecto Trasno (quitando aqueles termos que se volveron tratar nas
Trasnadas para evitar confusións) e que se chantaron aí directamente
sen ningún tipo de revisión.


> 1) Atopeime :
>
> * O termo «circumflexo» («acento circumflexo»). O correcto é «circunflexo».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
descoñezo a razón de telo escrito así.


> * O termo «ponto» («ponto de intersección»). O correcto é «punto».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
descoñezo a razón de telo escrito así.


> * O termo «coñecimento» («extractor de coñecimento»). O correcto é
> «coñecemento».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
descoñezo a razón de telo escrito así.


> * O termo «caír» (como tradución para «nuke»). O correcto é «caer».

Pois se é incorrecto, pon o correcto.


> * O termo «independiente» (como tradución para «standalone»). O correcto é
> «independente».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esta igual foi unha metedura de zoca miña.


> 2) Para traducir «blink» temos tres termos: pestanexar (recomendado),
> palpebrexar e escintilar. O DRAG non considera correcta a palabra
> «palpebrexar». De momento engadina ao módulo de Trasno, pero quizais
> deberiades de considerar retirala da lista na seguinte trasnada.

Se non lembro mal, isto discutírase na rolda e despois rexistrouse no
glosario anterior do Proxecto Trasno tal cal aparece agora no HTML de
consulta dinámica. Se tal pode volverse discutir nunha Trasnada para
revisalo.


> 3) Cal sería o plural de «cluster», «clusters»? Estráñame que non usásemos
> til para este termo, como si que se fixo con «búfer» (plural «búferes»).

Como vén do antigo glosario do Proxecto Trasno o máis probable é que
se rexistrara sen ter en conta esa norma que acordamos durante unha
das Trasnadas. Eu entendo que habería que poñelo con til. A palabra xa
non é tan pouco frecuente como o era antes e de feito xa é bastante
común vela ou escoitala nos medios de comunicación, aínda que quizais
referida a outros conceptos diferentes. Respecto do plural que nolo
aclare algún lingüista.


> 4) Aceptáronse «predefinido» e «predefinición», pero non se acordou nada
> sobre o verbo, «predefinir». ¿Deberían engadir as súas formas como verbo
> (transitivo)?

Non teño nin idea.


> 5) Para «however» aparece entre outras «sen embargo». Tiña entendido que esa
> forma é incorrecta, e non vexo na lista «porén».

Pois colariase. Se é incorrecto haberá que poñelo ben. Cal sería a
forma correcta?


> 6) Para «inbox», a posibilidade (non recomendada) de usar «buzón». O DRAG
> indica expresamente que «buzón» é incorrecto. Debería engadirse ao módulo?

Algo que o DRAG di claramente que é incorrecto non se debería poñer.
Vouno eliminar directamente do HTML de consulta dinámica.


> 7) Para «keyring» temos «chaveiro» e «claveiro». A segunda forma, non
> contemplada polo DRAG, imaxino que se engadiu polas diferencias entre
> «clave» e «chave». Coméntoo por se acaso, pero de primeiras vai engadido.

O de «claveiro» é cousa de Marce. Descoñezo as razóns. Por certo, ata
onde sei «keyring» tradúcese moitisimas veces como «anel de chaves» ou
«anel». E tamén se ten traducido como «claviculario». Quizais sexa un
termo que habería que incluír para a próxima Trasnada.


> 8) En que caso damos «ok» por correcto? oO

Hai bastantes números para que sexa un cazapo.


> 9) Cal sería o plural de «píxel»?

Eu emprego «píxeles» segundo o que me recomendara algunha vez Méixome.
Sería cuestión de volver discutir isto de novo, porque «punto» non me
convence de todo como solución xeral.


> 10) É «url» ou «URL»?

Será «URL».


Como vexo que todo isto pode levar a confusións, e a maior parte do
que indica Adrián creo que son claramente erros que se deberían
corrixir, vou modificalos no HTML de consulta dinámica para evitar
problemas futuros.


Deica

> Respecto do módulo de Trasno, se ben vou incluír instrucións para compilalo,
> creo que as distribucións —así como os complementos que fornezamos para
> aplicativos como o Firefox ou o LibreOffice— non deberían incluír este
> módulo, e por tanto non estou pensado en incluílo de maneira predeterminada
> cando se compila o corrector. Eu véxoo como algo especial para nós á hora de
> traducir. Se considerades que debería ir incluído de maneira predeterminada,
> por favor, manifestade a vosa opinión.
>
>
>
> A falta de aclarar estas cuestións, o módulo está listo. Para quen lle
> queira botar unha ollada:
> https://github.com/Gallaecio/hunspell-gl/tree/trasno/src/trasno
>
>
>
> Un saúdo.
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a