O Mércores, 6 de Febreiro de 2013 13:31:49 Leandro Regueiro escribiu:
> Antes de nada, mirei todos os detalles que comentas e todos son do
> glosario herdado. Para que quede claro, os cadros que aparezan con
> fondo azul son acordos de Trasnadas (discutidos e revisados) e os
> cadros que teñen fondo gris son termos herdados do anterior glosario
> do Proxecto Trasno (quitando aqueles termos que se volveron tratar nas
> Trasnadas para evitar confusións) e que se chantaron aí directamente
> sen ningún tipo de revisión.

Do que se trata é de que o módulo reflicta os acordos das trasnadas, así que 
engadirei unicamente as entradas en azul. Con iso quedan solucionadas todas as 
miñas dúbidas, que se correspondían en todos os casos —como ti mesmo dis— a 
entradas en gris.

Grazas!

PS: «sen embargo» → «porén[1]».

--------
[1] http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=porén
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a