O Venres 03 Maio 2013 17:11:03 Leandro Regueiro escribiu:
> On Fri, May 3, 2013 at 4:57 PM, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com> wrote:
> > Alguén se anima a traballar na tradución dese monstro de 7 cabezas que é
> > o DDTP en Debian ?
> > 
> > Agora temos algunha solución que o fai máis doado.
> > vide:
> > http://www.debian.org/international/l10n/ddtp.es.html#l1
> > http://ddtp.debian.net/ddtss/index.cgi/xx
> 
> Que eu saiba ninguén anda con isto. Por se pode ser de axuda hai unha
> memoria coas traducións do DDTP de Ubuntu:
> http://trasno.net/ficheiros/upload/memorias/TM_Ubuntu_12.04_Precise_DDTP_tr
> anslations.gl.tmx.tar.gz
> 
> Deica

Boas,

No seu momento pedín que se activara o galego no DDTP, e activado está. Fixen 
unhas poucas traducións, en principio mirando polas que había en ubuntu, 
usando a interface web. Pero a ferramenta pide que haxa polo menos 3 revisións 
positivas de xente distinta para que se envíe a tradución, e aí están, 
pendentes de revisión. Tiña pensado esperar a ter certo volume e despois pedir 
por aquí que alguén fixera revisións, pero despois non tiven tempo, e despois 
decidín dedicarme a traducir a web.

Na primeira ligazón fala dunha interface por correo electrónico. Fai meses 
fixeron a migración do servidor onde estaba isto montado, e polo que leo na 
lista i18n de debian non estou seguro de que agora mesmo estea funcionando.

A interface web debe funcionar así así. Cada pouco vense na lista correos de 
xente avisando de que falla. Polo que eu puiden probar non está de todo mal, 
inda que boto en falta non poder usar as ferramentas ás que estou acostumado 
(lokalize, ...).


En calquera caso anímovos a poñerse con isto, e eu apúntome a darlle algo de 
vida tamén. Ubuntu bebe destas traducións e penso que as descricións dos 
paquetes é algo que ten bastante visibilidade para o usuario final da 
distribución.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a