A min apeteceríame colaborar e de feito téñoo feito no Launchpad pero con
Debian teño o problema de que non sei como hai que facer. Tentei varias
veces pero non sei como se consegue unha conta; antonte pedín unha, outra
vez, e aínda estou agardando polo correo que disque me vai chegar.

Pódeme axudar alguén?

Xosé


2013/5/3 Jorge Barreiro <yortx.ba...@gmail.com>

> O Venres 03 Maio 2013 17:11:03 Leandro Regueiro escribiu:
> > On Fri, May 3, 2013 at 4:57 PM, Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
> wrote:
> > > Alguén se anima a traballar na tradución dese monstro de 7 cabezas que
> é
> > > o DDTP en Debian ?
> > >
> > > Agora temos algunha solución que o fai máis doado.
> > > vide:
> > > http://www.debian.org/international/l10n/ddtp.es.html#l1
> > > http://ddtp.debian.net/ddtss/index.cgi/xx
> >
> > Que eu saiba ninguén anda con isto. Por se pode ser de axuda hai unha
> > memoria coas traducións do DDTP de Ubuntu:
> >
> http://trasno.net/ficheiros/upload/memorias/TM_Ubuntu_12.04_Precise_DDTP_tr
> > anslations.gl.tmx.tar.gz
> >
> > Deica
>
> Boas,
>
> No seu momento pedín que se activara o galego no DDTP, e activado está.
> Fixen
> unhas poucas traducións, en principio mirando polas que había en ubuntu,
> usando a interface web. Pero a ferramenta pide que haxa polo menos 3
> revisións
> positivas de xente distinta para que se envíe a tradución, e aí están,
> pendentes de revisión. Tiña pensado esperar a ter certo volume e despois
> pedir
> por aquí que alguén fixera revisións, pero despois non tiven tempo, e
> despois
> decidín dedicarme a traducir a web.
>
> Na primeira ligazón fala dunha interface por correo electrónico. Fai meses
> fixeron a migración do servidor onde estaba isto montado, e polo que leo na
> lista i18n de debian non estou seguro de que agora mesmo estea funcionando.
>
> A interface web debe funcionar así así. Cada pouco vense na lista correos
> de
> xente avisando de que falla. Polo que eu puiden probar non está de todo
> mal,
> inda que boto en falta non poder usar as ferramentas ás que estou
> acostumado
> (lokalize, ...).
>
>
> En calquera caso anímovos a poñerse con isto, e eu apúntome a darlle algo
> de
> vida tamén. Ubuntu bebe destas traducións e penso que as descricións dos
> paquetes é algo que ten bastante visibilidade para o usuario final da
> distribución.
>
> Saúdos.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to