2013/5/7 Evaristo Deus Deus <evaristo.d...@gmail.com>: > Podo intentalo, se me decides como comezar e os pasos a seguir anímome co > GIMP. >
Ola, Benvido Evaristo Gimp lévase, en principio, desde o grupo de Gnome https://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-gimp/ui/ Aínda que está bastante completo, e poñelo ao 100% é doado, seguro que non lle ven nada mal unha revisión total. E, despois, crear unha memoria de tradución para gardala no repositorio de modo que poida axudar a traducir calquera outro aplicativo de retoque de imaxe. http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/ Digo en principio porque pode haber cadeas especiais, non o sei, que só aparecen en Ubuntu, por exemplo, ou quizais en windows. O lóxico é que collas os ficheiros e te inscribas no grupo de Gnome. Fran Diéguez, o coordinador, darache máis información se a necesitas. Con que ferramenta vas traducir? Dígoo porque en Gnome recomendan usar Gnome Translator, loxicamente. https://l10n.gnome.org/teams/gl/ Recursos http://trobador.trasno.net En todo caso aquí estamos para o que necesites Un saúdo, Antón Méixome > > -- > Saúde e boa sorte!!! > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto