Ola,

Acabo de crear unha páxina de documentación no wiki de Trasno para o corrector 
Hunspell de galego. Xa había unha, pero enfocada ao desenvolvemento, mentres 
que esta outra está máis enfocada a usuarios que simplemente buscan instalarse 
o corrector.

O caso é que só puxen instrucións de instalación para Firefox, LibreOffice, 
Arch Linux e Chakra. Se tedes o corrector instalado noutro aplicativo ou 
distribución, agradecería que empregásedes 5 minutos para engadir as 
instrucións á páxina: http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell_de_galego

Moitas grazas!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a