Pois nada, ata que teñas o novo disco podo encargarme eu.

PS: Hai pouco déronme conta de desenvolvedor, imaxino que inclúe permisos para 
remitir traducións ao SVN tamén.

O Domingo, 16 de Xuño de 2013 01:09:21 mvillarino escribiu:
> Ben, pois despois de tentalo, esgotei as miñas posibilidades nun
> fracaso doloroso.
> 
> Supoño que me toca mercar un disco novo, montar o vello nun usb e
> mirar de facer un ddrescue ou análogo.
> 
> Veño de facer o derradeiro commit dos ficheiros que tiña do antigo
> disco. Quen se anime, que colla o relevo, polo menos uns días/semanas.
> 
> Que mal momento! Agora que está para saír 4.11.
> 
> 2013/6/11, mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
> > 2013/6/10, Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> >> Para min non sería un problema, pero arríscaste a que “portarretallos”
> >> desapareza de KDE :P
> >
> > Adiante.
> >
> >>> (Penso que o poido chegar a votar a andar, pero hame levar uns días).
> >
> > Non o teño tan claro. O disco funciona para outros usuarios que non
> > sexan xustamente o que uso acotío.
> > Cando uso ese, comeza a dar un fallo moi curioso, a cada 4-6 segundos:
> >
> > ata3.00: irq_stat 0x40000008
> > ata3.00: failed command: READ FPDMA QUEUED
> > ata3.00: cmd 60/08:00:a8:2e:38/00:00:00:00:00/40 tag 0 ncq 4096 in
> >          res 41/40:08:aa:2e:38/00:00:00:00:00/60 Emask 0x409 (media error)
> > <F>
> > ata3.00: status: { DRDY ERR }
> > ata3.00: error: { UNC }
> > ata3.00: configured for UDMA/100
> > ata3: EH complete
> >
> > durante o tempo que tenta ler o sector de marras non responde en absoluto.
> >
> > A fozar en inet, toca.......
> >
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a