Por “proxecto” refírome á noción de saber o programa onde están os modelos 
(POT) e onde os ficheiros de tradución (PO). Lokalize ten esta funcionalidade 
definida de xeito que ti indicas un cartafol con uns, outro cos outros, e el xa 
se apaña. Isto está ben se traduces KDE, pois é o modelo que sigue. Pero non 
vale para proxectos nos que por exemplo o POT e o PO están no mesmo cartafol.

Quero intentar estender Lokalize para permitir definir estruturas de proxectos 
distintas da de KDE, é dicir, estender a forma coa que se indica onde van os PO 
e onde os POT. E o primeiro paso é ver como fan outros. De momento vou botar 
unha ollada ao que fan estes:

        • PoEdit
        • Virtaal
        • Gtranslator
        • Transifex (o cliente para desenvolvedores ten algúns destes conceptos 
de definir onde van os PO e onde os POT, así que vou botar unha ollada)

Sabedes dalgún outro programa (de calquera tipo) que conte cun sistema para 
definir onde van os PO e onde os POT de un proxecto?

PS: Se algún dos mencionados non permite definir proxectos, non vos molestedes 
en avisarme, xa me darei a patada pero polo menos lles botarei un ollo :)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a