Ola,

 

Seica <http://en.wiktionary.org/wiki/sigil?rdfrom=Sigil>  o nome vén do
latín sigillum. 

 

Tendo en conta iso... sería viable empregar o latinismo como denominación,
ben sen ningunha adaptación (sigillum), ben adaptándoo graficamente
(sixilo)?

 

Ben sei que no DRAG esta última palabra describe un concepto totalmente
distinto, pero tamén é certo que esa adaptación gráfica da palabra latina
recóllese en cultismos como sixilografía, sixilográfico ou sixilógrafo.

 

Desta forma (cunha palabra nova para o concepto) evitariamos os posibles
inconvenientes de ambigüidade que pode carrexar o uso de modificador.

 

Xusto

 

-----Mensaxe orixinal-----
De: mvillarino [mailto:mvillar...@kde-espana.es] 
Enviado: mércores, 19 de xuño de 2013 19:06
Para: Trasno - Lista
Asunto: [Termo] sigil

 

Pois que como denominaríades o que ven sendo un "sigil"?

 

(Os simboliños protéticos ao nome das variábeis que serven para indicar algo
acerca do seu tipo, ámbito ou modificar algo nela)

 

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to