Lembro que hai moito tempo escoitara a Antón falar do uso indebido da 
preposición «a» con certos verbos en galego por influencia de castelán. 
Sospeito que son (extremadamente) propenso a cometer este tipo de erro, e o 
peor de todo é que non sempre teño moi claro se o estou a cometer ou non mesmo 
ao revisar cadeas que inclúen o erro.

No caso de «derrotar» estaba a empregar a preposición «a» con el en moitos 
lugares de A batalla polo Noroeste, pero vendo a entrada do DRAG¹ non vexo que 
se mencione nin use nos exemplos a preposición, o que me leva a pensar que 
estaba a facer un uso completamente incorrecto, e que o uso da preposición só 
corresponde cando vai seguido dun nome propio.

Pode alguén confirmarme se son correctos todos os seguintes usos do verbo? 
Gustaríame ter esa confirmación antes de enviar as cadeas ao repositorio, non 
vaia ser que entre as correccións meta máis a zoca, especialmente cunha palabra 
como esta que aparece na práctica totalidade das campañas do xogo.

• Derrota o dragón.
• Derrota os orcos.
• Derrota eses monstros.
• Derrota un dos líderes inimigos.
• Derrota todos os líderes inimigos.
• Derrota 5 unidades inimigas.
• Derrota o señor Cailan.

• Derrota a Basnarán.
• Poderás derrotarme a min, pero…

—
¹ http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=derrotar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a