2013/9/18 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Eu tiven un tempo que usaba "permer en" sempre, así que debe haber unha boa
> parte deses pola miña culpa. Ultimamente xa o uso como transitivo, salvo
> casos como os que mencionas de "premer en algures".
>
>
> 2013/9/18 Xosé <xoseca...@gmail.com>
>>
>> Non, non, atópoo por todas partes. Eu tamén son de "calcar".
>>
>> Xosé
>>
>>
>> 2013/9/18 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>
>>>
>>> Si, bueno, supoño que fun eu (polo de «icona»).
>>>
>>> Á maneira de desculpa, pois só poido dicir que non me coincidiu vivir
>>> onde se dixese "premer", para min sempre foi "calcar" (sen a
>>> connotación de ter que usar o pé para facelo).
>>>
>>> 2013/9/18 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>>> > No DRAG "premer" é sempre transitivo, o que indica que vai
>>> > necesariamente
>>> > seguido dun obxecto directo; un obxecto directo, en xeral, non pode
>>> > comezar
>>> > por preposición. En consecuencia, debemos dicir "Prema o botón do
>>> > timbre" e
>>> > non *"Prema no botón". "Premer" tamén ten un uso absoluto (isto é,
>>> > omitindo
>>> > o obxecto por ser obvio), polo que é posíbel dicir "Prema nunha
>>> > cela/nun
>>> > espazo baleiro".
>>> >
>>> > Digo isto porque estou atopando moitos "Prema na icona" que, segundo
>>> > isto, é
>>> > incorrecto e debería ser "Prema a icona".
>>> >
>>> > Xosé

Moitas grazas por comentalo. Resulta que eu tamén estiven facéndoo
mal. Agora xa me podo autocorrixir.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a