Eu intentei buscar polo código de Google mais tampouco atopei nada. Sería
interesante poder crear unha memoria aliñando as cadeas orixinais coa
localización ao galego para poder empregala na localización de CyanogenMod.
Actualmente está no 42 % e con esa memoria seguramente poderíamos chegar ao
80 ou 90 % para que se aplicase xa na seguinte versión que lancen de
Cyanogen.

O 15 outubro 2014 22:08, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:

> @Leandro
> Mira a ver ti que eu non son capaz
>
>
> http://grepcode.com/file/repository.grepcode.com/java/ext/com.google.android/android/5.L_preview/META-INF/MANIFEST.MF?av=f
>
> Creo que é unha réplica directa
>
> O 15 outubro 2014 21:51, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> > A min na práctica lémbrame moito á etapa de OpenOffice.org en Sun. Na
> > licenza era libre pero a participación da comunidade e o feito de ter
> > gran parte con cousas de Java e outras, creaba moitas suspicacias.
> > Ben, de feito a idea de crear unha fundación para a comunidade de
> > OpenOffice.org que fixese de contrapeso ás decisións (ou silencios de
> > anos) de Sun foi unha arela sempre presente ata que logo pasou o que
> > pasou, pero vamos Android é tan software libre como poida selo o
> > servidor Apache, creo eu, o kernel é o de Linux, coa súa licenza e
> > tamén é certo que ten parte do código totalmente privado. En fin, un
> > mix.
> >
> > O 15 outubro 2014 21:31, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> escribiu:
> >> O 15 outubro 2014 21:29, Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com>
> escribiu:
> >>> Do que eu teño mirado, a base si e libre (Android Open Source Project,
> >>> AOSP). A maiores, nas versions de Google inclúen ad Google Apps, que
> non o
> >>> son. Con todo, para poder compilar creo que precisa de compoñentes non
> >>> libres, algo polo estilo do firmware preciso para alguns controladores.
> >>> Supoño que dende unha perspectiva estricta, se non se pode obter un
> >>> resultado funcional sen depender de partes pechadas, se pode defender
> que
> >>> como proxecto non e realmente libre., polo menos non ao 100%.
> >>>
> >>> Eu vexoo como libre, pero non deixa de rincharme o detalle
> >>
> >> Vale, debín ter preguntado se as traducións son libres, que ao final é
> >> o que me interesa.
> >>
> >>
> >> Deica
> >>
> >>> El 15/10/2014 20:18, "Leandro Regueiro" <leandro.regue...@gmail.com>
> >>> escribió:
> >>>>
> >>>> O 15 outubro 2014 19:12, Antón Méixome <cert...@certima.net>
> escribiu:
> >>>> > Unha "piruleta" enorme para a lingua hoxe
> >>>> >
> >>>> > http://mallandonoandroid.com/blog/2014/10/15/android-en-galego/
> >>>> >
> >>>> > Digo o de "piruleta" entre comiñas porque segundo o DRAG non existe
> e
> >>>> > tamén porque será a partir da versión Lollipop, a 5 logo
> >>>>
> >>>> Teño algunhas dúbidas, é software libre? onde están as traducións ao
> >>>> galego para ver de crear unha memoria de tradución?
> >>>>
> >>>>
> >>>> Deica
> >>>> _______________________________________________
> >>>> Proxecto mailing list
> >>>> Proxecto@trasno.net
> >>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>>
> >>>
> >>> _______________________________________________
> >>> Proxecto mailing list
> >>> Proxecto@trasno.net
> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>>
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a