A min na práctica lémbrame moito á etapa de OpenOffice.org en Sun. Na
licenza era libre pero a participación da comunidade e o feito de ter
gran parte con cousas de Java e outras, creaba moitas suspicacias.
Ben, de feito a idea de crear unha fundación para a comunidade de
OpenOffice.org que fixese de contrapeso ás decisións (ou silencios de
anos) de Sun foi unha arela sempre presente ata que logo pasou o que
pasou, pero vamos Android é tan software libre como poida selo o
servidor Apache, creo eu, o kernel é o de Linux, coa súa licenza e
tamén é certo que ten parte do código totalmente privado. En fin, un
mix.

O 15 outubro 2014 21:31, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribiu:
> O 15 outubro 2014 21:29, Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com> escribiu:
>> Do que eu teño mirado, a base si e libre (Android Open Source Project,
>> AOSP). A maiores, nas versions de Google inclúen ad Google Apps, que non o
>> son. Con todo, para poder compilar creo que precisa de compoñentes non
>> libres, algo polo estilo do firmware preciso para alguns controladores.
>> Supoño que dende unha perspectiva estricta, se non se pode obter un
>> resultado funcional sen depender de partes pechadas, se pode defender que
>> como proxecto non e realmente libre., polo menos non ao 100%.
>>
>> Eu vexoo como libre, pero non deixa de rincharme o detalle
>
> Vale, debín ter preguntado se as traducións son libres, que ao final é
> o que me interesa.
>
>
> Deica
>
>> El 15/10/2014 20:18, "Leandro Regueiro" <leandro.regue...@gmail.com>
>> escribió:
>>>
>>> O 15 outubro 2014 19:12, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
>>> > Unha "piruleta" enorme para a lingua hoxe
>>> >
>>> > http://mallandonoandroid.com/blog/2014/10/15/android-en-galego/
>>> >
>>> > Digo o de "piruleta" entre comiñas porque segundo o DRAG non existe e
>>> > tamén porque será a partir da versión Lollipop, a 5 logo
>>>
>>> Teño algunhas dúbidas, é software libre? onde están as traducións ao
>>> galego para ver de crear unha memoria de tradución?
>>>
>>>
>>> Deica
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a