[G11n] tradución do Netbeans

2009-09-16 Conversa Enrique Estevez
Boas.

O evento realízabase en colaboración co SNL e coa CNL da ETSE, co que dende a 
ETSE, tiveron a última palabra na elección do software a traducir. Soamente se 
puido traducir o 33% do total, pero a maior parte da interfaz e máis dun módulo 
están completos ao 100%. O tema é que programan moito e para a versión nova, a 
7.0, que non han tardar moito en sacala, como non teñamos tempo de darlle outro 
pulo, vai quedar bastante desfasado.

O bo, e que cremos que das tmx se pode reaproveitar moito para traducir outros 
IDE.

Ánimo é dálle ti ao eclipse.

Saúdos.

PD: se viras o activos que están na lista de tradución do Netbeans, mimadriña.

- Mensaje original -
De: "damufo" 
Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" 
Enviados: Miércoles, 16 de Septiembre 2009 20:34:18 GMT +01:00 Amsterdam / 
Berlín / Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] tradución do Netbeans

por que non eclipse?

Leandro Regueiro escribiu:
> Ola,
> cria que se fixera unha tradución do Netbeans, pero nada vexo en
> http://wiki.netbeans.org/TFLanguageTeams
> 
> Quizais estou mirando onde non debera.
> 
> Tampouco lembro se se remitira a tradución finalizada, en todo caso a
> min interesariame dispoñer dela.
> 
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


[G11n] tradución do Netbeans

2009-09-16 Conversa Francisco Dieguez
Ola olita!

1.- porque non o emprego, e porque na ETSE da USC é o que empregan
maioritariamente.
2.- porque é moi grande

sintoo moito hai que dosificar esforzos.

damufo escribió:
> por que non eclipse?
> 
> Leandro Regueiro escribiu:
>> Ola,
>> cria que se fixera unha tradución do Netbeans, pero nada vexo en
>> http://wiki.netbeans.org/TFLanguageTeams
>>
>> Quizais estou mirando onde non debera.
>>
>> Tampouco lembro se se remitira a tradución finalizada, en todo caso a
>> min interesariame dispoñer dela.
>>
>> Ata logo,
>>   Leandro Regueiro
>> ___
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n



[G11n] tradución do Netbeans

2009-09-16 Conversa damufo
por que non eclipse?

Leandro Regueiro escribiu:
> Ola,
> cria que se fixera unha tradución do Netbeans, pero nada vexo en
> http://wiki.netbeans.org/TFLanguageTeams
> 
> Quizais estou mirando onde non debera.
> 
> Tampouco lembro se se remitira a tradución finalizada, en todo caso a
> min interesariame dispoñer dela.
> 
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 


[G11n] Traducción do virtualbox - ultima revisión

2009-09-16 Conversa Enrique Estevez
Ola.

Xa está feita e remitida. Se vas a esta páxina e miras a sección attachmente, 
ves como está enviada. So falta que a metan no svn.

http://www.virtualbox.org/ticket/2018

Se vemos que non a meten, pois insistiremos.

Apertas.


- Mensaje original -
De: "Leandro Regueiro" 
Para: "Comunidade de tradución de software libre ao galego" 
Enviados: Miércoles, 16 de Septiembre 2009 18:10:17 GMT +01:00 Amsterdam / 
Berlín / Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] Traducción do virtualbox - ultima revisión

Ola,
enviasteslle o ficheiro de volta?, porque no seu svn non vexo nada
referente ao galego.

Ata logo,
Leandro Regueiro
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


[G11n] Tradución do Drupal 6

2009-09-16 Conversa Francisco Dieguez
Seguen empregando pofiles, de feito están partidos por modulos. Podes
descargalos modelos dende http://drupal.org/project/drupal-pot.

Estou agora mesmo pola metade da traduzón, estou facendo todo dende 0.

Saúdos.

Leandro Regueiro escribió:
>>> Ola rapazada,
>>>
>>> preciso da tradución do Drupal 6 para un proxecto dentro duns meses polo
>>> que vou a traducilo dende 0 de novo, así adapto a tradución cara os
>>> novos consensos acadados e estilo de tradución actual.
>>>
>>> En fin que non é moi grande, quen mo iba a decir a primeira vez que o
>>> fixen que pensei que morría, polo que espero telo antes de un mes.
>>>
>>> Atentos as vosas pantallas.
>> Ánimo.
>>
>> Por certo, continuan usando .po? Se é así en canto remates non estaría
>> mal dispoñer dunha memoria de tradución. En canto remates, se podes,
>> envíame os ficheiros das traducións.
> 
> E gustariame saber cal é o sistema de tradución e onde atopar as
> últimas versións das traducións. Estiven mirando no CVS, xa que estou
> recollendo información de onde atopar as traducións dos diferentes
> proxectos para que as importen no open-Tran, e vin que as traducións
> son moi vellas.
> 
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n



[G11n] tradución do Netbeans

2009-09-16 Conversa Francisco Dieguez
Está feita e remitida,

de feito podes descargar o netbeans 6.7.1 en galego dende a páxina
oficial.

mañán che envio a TMX da traduzón.

Leandro Regueiro escribió:
> Ola,
> cria que se fixera unha tradución do Netbeans, pero nada vexo en
> http://wiki.netbeans.org/TFLanguageTeams
> 
> Quizais estou mirando onde non debera.
> 
> Tampouco lembro se se remitira a tradución finalizada, en todo caso a
> min interesariame dispoñer dela.
> 
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n



[G11n] Tradución do Drupal 6

2009-09-16 Conversa Leandro Regueiro
>> Ola rapazada,
>>
>> preciso da tradución do Drupal 6 para un proxecto dentro duns meses polo
>> que vou a traducilo dende 0 de novo, así adapto a tradución cara os
>> novos consensos acadados e estilo de tradución actual.
>>
>> En fin que non é moi grande, quen mo iba a decir a primeira vez que o
>> fixen que pensei que morría, polo que espero telo antes de un mes.
>>
>> Atentos as vosas pantallas.
>
> Ánimo.
>
> Por certo, continuan usando .po? Se é así en canto remates non estaría
> mal dispoñer dunha memoria de tradución. En canto remates, se podes,
> envíame os ficheiros das traducións.

E gustariame saber cal é o sistema de tradución e onde atopar as
últimas versións das traducións. Estiven mirando no CVS, xa que estou
recollendo información de onde atopar as traducións dos diferentes
proxectos para que as importen no open-Tran, e vin que as traducións
son moi vellas.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[G11n] tradución do Netbeans

2009-09-16 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
cria que se fixera unha tradución do Netbeans, pero nada vexo en
http://wiki.netbeans.org/TFLanguageTeams

Quizais estou mirando onde non debera.

Tampouco lembro se se remitira a tradución finalizada, en todo caso a
min interesariame dispoñer dela.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] Traducción do virtualbox - ultima revisión

2009-09-16 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
enviasteslle o ficheiro de volta?, porque no seu svn non vexo nada
referente ao galego.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] Despedimentos en mancomun

2009-09-16 Conversa Minhoca
A Directora Xeral ten boas palabras: "mancomun vai continuar". Pero os 
feitos son que a Xunta está a fundir unha chea de pasta en licenzas de 
software incumprindo o acordo do Parlamento de Galiza do ano 2007 que 
incluia unha referencia ao uso de software libre na administración galega.

Unindo isto á xenreira que o PP lle ten á lingua de Galiza, da que 
mancomun era unha ferramenta mais de normalización, teño claro que o PP 
vai deixar morrer mancomun aos poucos. Non querrán amosar claramente a 
sua falla de apoio ao software libre (para que non se vexa o 
incumprimento do seu programa eleitoral), pero tamén se pode matar sen 
dar de comer, aos poucos. Así que preparemonos e reorganicemonos, que o 
mancomun de dentro de dous anos dubido que teña algo que ver co actual.

O de Suso Baleato estaba cantado, no sentido de que é unha persoa que 
deu a cara (non hai mais que ler o seu blog en A Nosa Terra), incomoda 
para os actuais dirixentes políticos da colonia Galega.

Dos traballadores de mancomun nada sei, pero vexo que no CESGA non se 
chora moito (haberá algún interese escuro?).

Teño claro que o despedimento de Suso non é por cuestións técnicas, nin 
económicas, ... senon políticas. Esto, noutras empresas, da lugar a unha 
mobilización inmediata dos demais traballadores, non so en apoio ao 
compañeiro despedido, senon tamén por puro egoismo: despois do primeiro, 
pode vir o segundo.

Teño presa e non podo seguir escribindo. Pola noite terei mais tempo.




Mar Castro escribiu:
> Bo día a todos.
> 
> Antes de nada quixera agradecervos, como traballadora de Mancomún e creo 
> que en nome de todos os meus compañeiros, o voso apoio e ánimos 
> recibidos nos últimos meses.
> 
> Mais ante a alarmista noticia que saíu publicada onte en A nosa terra, 
> na que fala de despedimentos dos traballadores de Mancomún e do seu 
> peche, quixera aclarar un par de cuestións, como coordinadora do 
> proxecto no CESGA.
> 
> O CESGA, como todos sabedes, ten un convenio de colaboración firmado coa 
> anterior Consellería de Innovación para o apoio ás actividades de 
> promoción de software libre en Galicia, a través de Mancomún. Este 
> convenio está en vigor ata o 31 de Decembro deste ano, e as indicacións 
> recibidas da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, 
> Mar Pereira, son que continuemos coa nosa actividade habitual.
> Por outra parte, na reunión mantida o pasado mes de Xullo entre Mar 
> Pereira co CESGA, as universidades e AGASOL, indicou que van continuar 
> co seu apoio a Mancomún e ao software libre en Galicia para o que están 
> a traballar nun novo plan de actuación que dea continuidade máis alá 
> deste ano, do que agardamos ter noticias en breve.
> 
> Respecto aos despedimentos mencionados na nova, o único que dende aquí 
> podemos dicir é que onte mesmo recibimos información por parte da 
> Xerencia da Fundación da Calidade de que Suso Baleato causaba baixa como 
> coordinador de Mancomún. 
> 
> Gustaríame poder darvos máis información que esta, pero é toda a que eu 
> teño.
> 
> Un saúdo
> 


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Despedimentos en mancomun

2009-09-16 Conversa Leandro Regueiro
Xa se lles deu tempo para que decidiran que é o que van facer con
Mancomun. Penso que é hora de solicitarlles que nos aclaren o que van
facer. E non entendo que o despedimento dalgúns ou de todos os
traballadores de Mancomun signifique que Mancomun vaia desaparecer
aínda que teño que dicir que me preocupa as poucas explicacións sobre
o futuro que me chegaron.

O feito de que haxa que actuar con prudencia ou agardar, non quita que
se vaian pensando as accións a tomar nos probables escenarios
futuros...

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] Tradución do Drupal 6

2009-09-16 Conversa Leandro Regueiro
2009/9/7 Francisco Dieguez :
> Ola rapazada,
>
> preciso da tradución do Drupal 6 para un proxecto dentro duns meses polo
> que vou a traducilo dende 0 de novo, así adapto a tradución cara os
> novos consensos acadados e estilo de tradución actual.
>
> En fin que non é moi grande, quen mo iba a decir a primeira vez que o
> fixen que pensei que morría, polo que espero telo antes de un mes.
>
> Atentos as vosas pantallas.

Ánimo.

Por certo, continuan usando .po? Se é así en canto remates non estaría
mal dispoñer dunha memoria de tradución. En canto remates, se podes,
envíame os ficheiros das traducións.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] REQUEST

2009-09-16 Conversa Leandro Regueiro
>> Teño visto "petición", "solicitude" e "pedido".
>>
>> Por cal nos decidimos?
>
> Depende do contexto.

Pois pode que dependa do contexto.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] ID - masculino ou feminino

2009-09-16 Conversa Leandro Regueiro
>> No e-Estraviz:
>>
>> Identificador
>>     adj. e s.
>>
>>       (3) Inform. Forma de representar simbolicamente um serviço.
>
> Vale logo, a ver se saco tempo para procurar e substituir a ID polo ID.

Ola,
para min ID sempre foi masculino porque é unha abreviación de
"identifier" que penso que se traduce como "identificador".

Tirado do digalego:

identificador -ra

1   adx Que identifica ou serve para identificar. Tm s.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] Despedimentos en mancomun

2009-09-16 Conversa Mar Castro
Bo día a todos.

Antes de nada quixera agradecervos, como traballadora de Mancomún e creo 
que en nome de todos os meus compañeiros, o voso apoio e ánimos 
recibidos nos últimos meses.

Mais ante a alarmista noticia que saíu publicada onte en A nosa terra, 
na que fala de despedimentos dos traballadores de Mancomún e do seu 
peche, quixera aclarar un par de cuestións, como coordinadora do 
proxecto no CESGA.

O CESGA, como todos sabedes, ten un convenio de colaboración firmado coa 
anterior Consellería de Innovación para o apoio ás actividades de 
promoción de software libre en Galicia, a través de Mancomún. Este 
convenio está en vigor ata o 31 de Decembro deste ano, e as indicacións 
recibidas da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, 
Mar Pereira, son que continuemos coa nosa actividade habitual.
Por outra parte, na reunión mantida o pasado mes de Xullo entre Mar 
Pereira co CESGA, as universidades e AGASOL, indicou que van continuar 
co seu apoio a Mancomún e ao software libre en Galicia para o que están 
a traballar nun novo plan de actuación que dea continuidade máis alá 
deste ano, do que agardamos ter noticias en breve.

Respecto aos despedimentos mencionados na nova, o único que dende aquí 
podemos dicir é que onte mesmo recibimos información por parte da 
Xerencia da Fundación da Calidade de que Suso Baleato causaba baixa como 
coordinador de Mancomún. 

Gustaríame poder darvos máis información que esta, pero é toda a que eu 
teño.

Un saúdo

-- 
Mar Castro Pereiro  
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre  www.mancomun.org
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16  



[G11n] Despedimentos en mancomun

2009-09-16 Conversa Lucia.Morado
Apoio total a iniciativa.
A paxina dende Irlanda funciona, a ultima entrada que hai e de onte.
Saudos,
 
Lucia
 
Lucía Morado Vázquez
Localisation Research Centre, 
CSIS Department, 
University of Limerick, 
Ireland



From: g11n-boun...@mancomun.org on behalf of Miguel Branco
Sent: Tue 15/09/2009 22:49
To: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Cc: Grupos de usuarios de GNU/Linux de Galicia
Subject: Re: [G11n] Despedimentos en mancomun



Acabo de redactar *moi ás presas* un borrador dese texto. Sentídevos libres de
cambiar canto queirades, completar información etc. (Poderíase suprimir o
paragrafo do PEGSI)

PD: está a páxina de mancomun caída??


Os grupos de usuarios, de desenvolvedores e tradutores ao galego de software
libre, abaixo asinantes e que en conxunto representamos a comunidade de
software libre de Galicia, contemplamos con preocupación as medidas que está a
tomar o Goberno da Xunta de Galicia en relación á materia que máis nos
preocupa, o do software libre.

A día de onte chegábanos a información de que se están a realizar
despedimentos de persoal dentro de mancomun.org, a iniciativa do anterior
goberno para a promoción do software libre. Entendemos que tales procedementos
culminarán  co peche do organismo a fins de ano, que é cando dito organismo
esgota o financiamento do que dispoñía das partidas orzamentarias do anterior
goberno. Este feito parece en directa contradición co compromiso verbal
manifestado recentemente pola propia consellería  do actual goberno, e
da que depende mancomun.org,  de non proceder ao peche da iniciativa.

Se a isto sumamos a derrogación no comezo da lexislatura do plano PEGSI, un
plano que apostaba inequivocamente polo software libre nas institucións e a
súa promoción dentro da sociedade galega, e o seu troco por un plano ambiguo
no que non se fai referencia ao software libre e deixa a porta aberta ao
software privativo dentro das institucións; só podemos valorar os feitos coma
un claro retroceso nos avances conseguidos ata o momento.

Queremos así mesmo recordar cales son os beneficios da implantación do
software libre e os estándares abertos nas institucións e a súa promoción na
sociedade civil pois o cabo o detrimento destes é o que realmente está en
xogo. O software libre é de alta calidade, de fácil manexo, seguro e
completamente gratuíto e é unha alternativa completa ó software privado. O seu
custo é nulo pois a licenza deste software, que asinan os voluntarios e
empresas que o desenvolven, permite a copia e distribución gratis para
calquera persoa e para calquera uso; incluso sen prexuízo de que o usuario
final poida adaptar ese software para adaptalo a outros usos. Así, a
implantación deste suporía eliminar os pagos de licencias a compañías privadas
estranxeiras, que anualmente engrosan os orzamentos. Ademais, o software libre
implementa formatos que son estándares abertos internacionais e non formatos
privados así que a información gardada nestes formatos non depende do uso dun
determinado produto dunha compañía.
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/ms-tnef
Tamaño : 6221 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090916/0683dd88/attachment.bin