[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Enrique Estevez
Ola.

Dende a Oficina no obradoiro de tradución que fixemos (que estivo moi ben, a 
ver se publicamos unha nova cos resultados, valoracións e co traballo que se 
realizou) meteuselle man ao netbeans (proxecto grande de máis de 130 mil 
cadeas).

Agora temos unha dúbida cunha tradución que é moi importante. A palabra en 
cuestión é stack.

Méixome estivo por alí e recomendou montón, pero despois de falar con varios 
informáticos non é palabra axeitada. A nosa experiencia di que tampouco sería 
válida, xa que o contexto para que os non o sepan sería o seguinte.

Stack é unha lista LIFO. Last in - First out (úlitmo en entrar - primeiro en 
saír), podedes consultar máis na wikipedia.
A maiores un stack ven sendo unha estructura de datos, como pode ser un 
enteiro, un string, ..., pero coa particularida comentada arriba.

Un montón sería o que soen por como heap.

Suxerencias para stack, senón queda sen traducir.

Unha aperta.


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Antón Méixome

A ver, non tan simple. A tradución de stack por pila baséase en que é 
unha metáfora da pila eléctrica. Se tomamos a tradución máis 
literalmente (montón) entón teriamos que dicir "pía", por iso mellor a 
metáfora.

"Current *stack* of profiles"
"Pila actual de perfís"

"*stack* frame operations"
"Operacións do marco da pila"

"*stack*ed"
"Amontoado"

"*stack*able hub or switch"
"Conmutador ou hub amoreábel"

Gimp (sobre capas)
"Lower this channel one step in the channel *stack*"
"Baixar esta canle un nivel na disposición de canles"

"Changes the *stack*ing order of a selected object."
"Modifica a orde de amontoamento dun obxecto seleccionado."

etc...




Enrique Estevez escribiu:
> Ola.
>
> Dende a Oficina no obradoiro de tradución que fixemos (que estivo moi ben, a 
> ver se publicamos unha nova cos resultados, valoracións e co traballo que se 
> realizou) meteuselle man ao netbeans (proxecto grande de máis de 130 mil 
> cadeas).
>
> Agora temos unha dúbida cunha tradución que é moi importante. A palabra en 
> cuestión é stack.
>
> Méixome estivo por alí e recomendou montón, pero despois de falar con varios 
> informáticos non é palabra axeitada. A nosa experiencia di que tampouco sería 
> válida, xa que o contexto para que os non o sepan sería o seguinte.
>
> Stack é unha lista LIFO. Last in - First out (úlitmo en entrar - primeiro en 
> saír), podedes consultar máis na wikipedia.
> A maiores un stack ven sendo unha estructura de datos, como pode ser un 
> enteiro, un string, ..., pero coa particularida comentada arriba.
>
> Un montón sería o que soen por como heap.
>
> Suxerencias para stack, senón queda sen traducir.
>
> Unha aperta.
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090520/d92353c3/attachment.vcf
 


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Leandro Regueiro
>> Dende a Oficina no obradoiro de tradución que fixemos (que estivo moi ben,
>> a ver se publicamos unha nova cos resultados, valoracións e co traballo que
>> se realizou) meteuselle man ao netbeans (proxecto grande de máis de 130 mil
>> cadeas).
>>
>> Agora temos unha dúbida cunha tradución que é moi importante. A palabra en
>> cuestión é stack.
>>
>> Méixome estivo por alí e recomendou montón, pero despois de falar con
>> varios informáticos non é palabra axeitada. A nosa experiencia di que
>> tampouco sería válida, xa que o contexto para que os non o sepan sería o
>> seguinte.
>>
>> Stack é unha lista LIFO. Last in - First out (úlitmo en entrar - primeiro
>> en saír), podedes consultar máis na wikipedia.
>> A maiores un stack ven sendo unha estructura de datos, como pode ser un
>> enteiro, un string, ..., pero coa particularida comentada arriba.
>>
>> Un montón sería o que soen por como heap.
>>
>> Suxerencias para stack, senón queda sen traducir.
>
> A ver, non tan simple. A tradución de stack por pila baséase en que é unha
> metáfora da pila eléctrica. Se tomamos a tradución máis literalmente
> (montón) entón teriamos que dicir "pía", por iso mellor a metáfora.
>
> "Current *stack* of profiles"
> "Pila actual de perfís"
>
> "*stack* frame operations"
> "Operacións do marco da pila"
>
> "*stack*ed"
> "Amontoado"
>
> "*stack*able hub or switch"
> "Conmutador ou hub amoreábel"
>
> Gimp (sobre capas)
> "Lower this channel one step in the channel *stack*"
> "Baixar esta canle un nivel na disposición de canles"
>
> "Changes the *stack*ing order of a selected object."
> "Modifica a orde de amontoamento dun obxecto seleccionado."


A ver, "stack" é pila (se é que existe en galego) como nunha pila de
pratos: cando amoreas os pratos o primeiro que sacas é o último que
puxeches ou sexa LIFO. Para FIFO sería cola, coma a cola dun cine (se
é que existe en galego).

Vexo dos exemplos de Antón que se usou moito amorear, aínda que iso a
veces non denota unha orde, polo que pode que non sexa recomendable
traducilo así, cando menos sempre.

Unha nota, é suxestións, non "suxerencias" (aínda que é suxerir).

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Xusto Rodriguez Rio
E que tal empregar "rima"
(http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=rima&tipo_busca=lema)? 

Aínda que os dicionarios modernos adoitan presentalo como sinónimo de
"morea" ou "montón", traballos 'históricos' como os que liguei antes
introducen case sempre unha idea de 'ben ordenada' que me parece moi
relevante na descrición do concepto que nos ocupa.

Como usuario, eu emprégoa por exemplo en "unha rima de leña", (moi diferente
a "un montón de leña") que designa unha forma de colocar os toros de leña
uns derriba dos outros de tal forma que cando vas coller só podes quitar de
arriba.

Xusto A. Rodríguez
SNL da USC

-Mensaje original-
De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre
de Leandro Regueiro
Enviado el: mércores, 20 de maio de 2009 12:44
Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego
Asunto: Re: [G11n] como traducir stack en programación

>> Dende a Oficina no obradoiro de tradución que fixemos (que estivo moi
ben,
>> a ver se publicamos unha nova cos resultados, valoracións e co traballo
que
>> se realizou) meteuselle man ao netbeans (proxecto grande de máis de 130
mil
>> cadeas).
>>
>> Agora temos unha dúbida cunha tradución que é moi importante. A palabra
en
>> cuestión é stack.
>>
>> Méixome estivo por alí e recomendou montón, pero despois de falar con
>> varios informáticos non é palabra axeitada. A nosa experiencia di que
>> tampouco sería válida, xa que o contexto para que os non o sepan sería o
>> seguinte.
>>
>> Stack é unha lista LIFO. Last in - First out (úlitmo en entrar - primeiro
>> en saír), podedes consultar máis na wikipedia.
>> A maiores un stack ven sendo unha estructura de datos, como pode ser un
>> enteiro, un string, ..., pero coa particularida comentada arriba.
>>
>> Un montón sería o que soen por como heap.
>>
>> Suxerencias para stack, senón queda sen traducir.
>
> A ver, non tan simple. A tradución de stack por pila baséase en que é unha
> metáfora da pila eléctrica. Se tomamos a tradución máis literalmente
> (montón) entón teriamos que dicir "pía", por iso mellor a metáfora.
>
> "Current *stack* of profiles"
> "Pila actual de perfís"
>
> "*stack* frame operations"
> "Operacións do marco da pila"
>
> "*stack*ed"
> "Amontoado"
>
> "*stack*able hub or switch"
> "Conmutador ou hub amoreábel"
>
> Gimp (sobre capas)
> "Lower this channel one step in the channel *stack*"
> "Baixar esta canle un nivel na disposición de canles"
>
> "Changes the *stack*ing order of a selected object."
> "Modifica a orde de amontoamento dun obxecto seleccionado."


A ver, "stack" é pila (se é que existe en galego) como nunha pila de
pratos: cando amoreas os pratos o primeiro que sacas é o último que
puxeches ou sexa LIFO. Para FIFO sería cola, coma a cola dun cine (se
é que existe en galego).

Vexo dos exemplos de Antón que se usou moito amorear, aínda que iso a
veces non denota unha orde, polo que pode que non sexa recomendable
traducilo así, cando menos sempre.

Unha nota, é suxestións, non "suxerencias" (aínda que é suxerir).

Ata logo,
Leandro Regueiro
___
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n



[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread mvillarino
2009/5/20 Leandro Regueiro :
> A ver, "stack" é pila (se é que existe en galego) como nunha pila de
> pratos: cando amoreas os pratos o primeiro que sacas é o último que
> puxeches ou sexa LIFO. Para FIFO sería cola, coma a cola dun cine (se
> é que existe en galego).
>
> Vexo dos exemplos de Antón que se usou moito amorear, aínda que iso a
> veces non denota unha orde, polo que pode que non sexa recomendable
> traducilo así, cando menos sempre.

http://en.gl.open-tran.eu/suggest/stack

Eu son da idea de que debe evitarse toda referencia a «montón» porque
afinal van haber problemas coa «heap», e preferir algo.
«Pila», que é como lle chamamos todos, é un castelanismo como a copa
dun pino, é dicir, igual que medrar, pero non deixa de ser como lle
chamamos todos. é dicir, o neoloxismo, se habemos defender tal opción.
No digalego, a procura de «stack» en inglés acha «meda», que como se
comproba na ligazón coa que comezo a resposta, é unha das opcións
recollidas nas traducións feitas. «Rima», com indica Xusto, tamén é
unha alternativa a considerar, con base en que na representación que
se fai da memoria, reservas de memoria, estado, activacións e chamadas
a cómputos, o que se ten semella moito unha rima de táboas.

Quero destacar unha cousa, e é que estamos a referirnos a un contexto
moi concreto, e polo tanto, a escolla non a vexo de aplicación á
tradución de «software stack» (no voso caso, ubuntu+oo.org+mozilla
suite+pidgin, no meu debian+kde; noutros casos lamp)


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Leandro Regueiro
2009/5/20 mvillarino :
> 2009/5/20 Leandro Regueiro :
>> A ver, "stack" é pila (se é que existe en galego) como nunha pila de
>> pratos: cando amoreas os pratos o primeiro que sacas é o último que
>> puxeches ou sexa LIFO. Para FIFO sería cola, coma a cola dun cine (se
>> é que existe en galego).
>>
>> Vexo dos exemplos de Antón que se usou moito amorear, aínda que iso a
>> veces non denota unha orde, polo que pode que non sexa recomendable
>> traducilo así, cando menos sempre.
>
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/stack
>
> Eu son da idea de que debe evitarse toda referencia a «montón» porque
> afinal van haber problemas coa «heap», e preferir algo.
> «Pila», que é como lle chamamos todos, é un castelanismo como a copa
> dun pino, é dicir, igual que medrar, pero non deixa de ser como lle
> chamamos todos. é dicir, o neoloxismo, se habemos defender tal opción.
> No digalego, a procura de «stack» en inglés acha «meda», que como se
> comproba na ligazón coa que comezo a resposta, é unha das opcións
> recollidas nas traducións feitas. «Rima», com indica Xusto, tamén é
> unha alternativa a considerar, con base en que na representación que
> se fai da memoria, reservas de memoria, estado, activacións e chamadas
> a cómputos, o que se ten semella moito unha rima de táboas.

"dun pino"??

> Quero destacar unha cousa, e é que estamos a referirnos a un contexto
> moi concreto, e polo tanto, a escolla non a vexo de aplicación á
> tradución de «software stack» (no voso caso, ubuntu+oo.org+mozilla
> suite+pidgin, no meu debian+kde; noutros casos lamp)

Con "cola" e "pila" sempre tiven problemas, porque nuns sitios din que
non son castelanismos, noutros si, e noutros non din nada. Penso que
estes dous conceptos son claros candidatos a ir no glosario...

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread mvillarino
2009/5/20 Leandro Regueiro :
> "dun pino"??

Postos a escoller, digamos castiñeiro, cerdeira, ciprés, carballo,
xatoba, teca ou calquera outra madeira de ebanista, ou?


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Miguel Bouzada
das opcións que vin:

Meda → segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,  correspondería
a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen moitas
medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se segan
agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non haxa
punto de inicio nin de fin.
Rima → ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
Restra → podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)
Pila → é sinónimo de batería (acumulador) non de morea (e ainda menos
ordenada)
Pía → que xa vin usado, é incorrecta neste caso (e noutros moitos
semellantes)
Quedan, tamén, como posibles: ringleira, fileira, rea, rengue. Pero ningunha
delas implica, necesariamente, unha estrutura LIFO.

A ver si alguen con máis dominio do vocabulario aporta algunha voz que nos
estemos a barallar.
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090520/dd8cfe80/attachment.htm
 


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Leandro Regueiro
2009/5/20 Miguel Bouzada :
> das opcións que vin:
>
> Meda ? segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,  correspondería
> a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen moitas
> medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se segan
> agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non haxa
> punto de inicio nin de fin.
> Rima ? ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
> expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
> Restra ? podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)

Un "array" dunha dimensión sería un "vector", e un de varias seria
unha "matriz".

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Thread Miguel Bouzada
2009/5/20 Leandro Regueiro 

> 2009/5/20 Miguel Bouzada :
> > das opcións que vin:
> >
> > Meda → segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,
> correspondería
> > a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen
> moitas
> > medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se segan
> > agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non
> haxa
> > punto de inicio nin de fin.
> > Rima → ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
> > expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
> > Restra → podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)
>
> Un "array" dunha dimensión sería un "vector", e un de varias seria
> unha "matriz".


Alguén dixo que non fose así?


>
>
> Ata logo,
>   Leandro Regueiro
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino en conf.jabberes.org
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090520/0a98a830/attachment.htm
 


[G11n] como traducir stack en programación

2011-01-26 Thread Miguel Bouzada
Retomo este fío xa que no mesmo aplicativo aparéceme:

HEAP SNAPSHOTS

- description: A label for the heap snapshots list (all caps).

Get a heap snapshot by pressing the %{BUTTON} button on the status bar.

- description: Help text on how to get a heap snapshot.

Call Site stack

- description: A label for event call stack



Neste caso, acáeme ben «morea» para Heap..
para stack é onde volvemos á discusión deste fío :(



2009/5/20 Miguel Bouzada 

>
>
> 2009/5/20 Leandro Regueiro 
>
>> 2009/5/20 Miguel Bouzada :
>>
>> > das opcións que vin:
>> >
>> > Meda ? segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,
>> correspondería
>> > a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen
>> moitas
>> > medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se
>> segan
>> > agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non
>> haxa
>> > punto de inicio nin de fin.
>> > Rima ? ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
>> > expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
>> > Restra ? podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)
>>
>> Un "array" dunha dimensión sería un "vector", e un de varias seria
>> unha "matriz".
>>
>
> Alguén dixo que non fose así?
>
>
>>
>>
>> Ata logo,
>>   Leandro Regueiro
>> ___
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>
>
>
> --
> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
> .xlsx, .ppt, .pptx
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_minino en conf.jabberes.org
>
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 



[G11n] como traducir stack en programación

2011-02-01 Thread Leandro Regueiro
2011/1/26 Miguel Bouzada :
> Retomo este fío xa que no mesmo aplicativo aparéceme:
>
> HEAP SNAPSHOTS
>
> - description: A label for the heap snapshots list (all caps).
>
> Get a heap snapshot by pressing the %{BUTTON} button on the status bar.
>
> - description: Help text on how to get a heap snapshot.
>
> Call Site stack
>
> - description: A label for event call stack
>
> Neste caso, acáeme ben «morea» para Heap..
> para stack é onde volvemos á discusión deste fío :(

Ola,
antes de nada reenvío a conversa tamén á rolda de Trasno porque pode
que a xente responda antes por alí. Ao tema.

Recompilei estes fíos onde se discute como traducir «heap» e «stack»:

http://www.trasno.net/lurker/message/20091116.231234.e1d8dbf5.gl.html
http://www.trasno.net/lurker/thread/20091030.194751.a95db81f.gl.html#20091030.194751.a95db81f
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-May/001984.html
(correspóndese con este fío, por se queredes investigar as mensaxes
anteriores)

Non estou seguro de que se comentara nalgún dos fíos indicados, pero
comento que «pilla» pode ser tradución válida para «stack»:
http://www.estraviz.org/pilla
Ademais pode que «montículo» sexa unha tradución aceptable para
«heap»: http://www.estraviz.org/mont%C3%ADculo
Para ver as outras traducións propostas (das que hai bastantes) e
razoamentos sobre por que non se deberían usar ou si certas traducións
propostas, podedes ler as mensaxes anteriores dese fíos.

Máis referencias sobre «heap» e «stack» na Wikipedia (para investigar
en que consiste o concepto e para ver como se traduciu a outros
idiomas):

http://en.wikipedia.org/wiki/Stack_%28data_structure%29
http://en.wikipedia.org/wiki/Heap_%28data_structure%29

Como se traduciu «heap» e «stack» segundo o open-Tran:

http://en.gl.open-tran.eu/suggest/%22stack%22
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/heap

O mesmo pero en Logaliza:

http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=heap&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza
http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=stack&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza

Podedes ver resultados da terminoloxía e de traducións realizadas para
Microsoft buscando vós en
http://www.microsoft.com/Language/en-US/Search.aspx

Por último engado isto por se puidera resultar de calquera utilidade:
https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/stack.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
(terei que actualizalo un chisco)

Deica

> 2009/5/20 Miguel Bouzada 
>>
>>
>> 2009/5/20 Leandro Regueiro 
>>>
>>> 2009/5/20 Miguel Bouzada :
>>> > das opcións que vin:
>>> >
>>> > Meda ? segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,
>>> > correspondería
>>> > a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen
>>> > moitas
>>> > medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se
>>> > segan
>>> > agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non
>>> > haxa
>>> > punto de inicio nin de fin.
>>> > Rima ? ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
>>> > expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
>>> > Restra ? podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)
>>>
>>> Un "array" dunha dimensión sería un "vector", e un de varias seria
>>> unha "matriz".
>>
>> Alguén dixo que non fose así?
>>
>>>
>>>
>>> Ata logo,
>>>                  Leandro Regueiro
>>> ___
>>> G11n mailing list
>>> G11n en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>>
>>
>> --
>> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
>> .xlsx, .ppt, .pptx
>>
>> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
>> galpon_minino en conf.jabberes.org
>
>
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>