[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-11 Conversa Miguel Branco
O Monday 11 August 2008 13:03:35 Manuel Souto Pico escribiu:
 2008/8/11 mvillarino mvillarino en gmail.com

  O Luns 11 Agosto 2008 11:59, Manuel Souto Pico escribiu:
   Sobre a extensión do guía de estilo: eu penso que non se deberían
   deixar fóra cousas que é necesario incluír, porque entón non estaría a
   cubrir as necesidades para as que se crea, e para ben da coherencia
   paréceme que é necesario incluír todo aquilo sobre o que poden diverxer
   os estilos (evidentemente) das diferentes persoas que localizan,
   ademais de todas as recomendacións que queremos facer para obtermos un
   estilo adecuado en xeral.
 
  Até certo pto., hai cousas que hai que dar como condicións previas, por
  exemplo que se escrebe con boa ortografía, unha vez indicada unha
  ortografía
  de referencia, e que os textos termo sexan gramaticalmente correctos,
  polo que non cumpre meter un tocho nestes pontos, restrinxíndose a
  sinalar erros de tradución.

 Totalmente de acordo. A ortografía e a gramática non son estilo. Como dicía
 anteriormente creo que noutro fío, para iso xa están as normas, os
 dicionários e as gramáticas.

   Ora ben, isto non ten por que
   impedir que se poida crear unha versión abreviada con únicamente
   aqueles puntos *esenciais* que deban ter presentes como mínimo as
   persoas que non queira ou non poidan aprofundar moito.
 
  Un prontuario? Xa me soa mellor. Fíxate por exemplo no texto da udc onde
  fala
  da utilización das maiúsculas, e no equivalente a uvigo, desde logo este
  é máis curto que aquel e non é que deixe fora moitas cousas.
  Hei de insistir no asunto: a maioría da xente que se achega como
  voluntaria,
  xamais chega a enviar un ficheiro po. Coa interface web a cousa algo
  cambiará, pero se lle metes a alguén a obriga de meterse entre o peito e
  as costas 40 páxinas de tocho, queda o comido polo servido.

 Tamén de acordo. Por iso dicía que se pode facer unha versión abreviada
 (sen que por iso fiquen cousas fóra do guía, porque por exemplo os
 verificadores ou quen supervise a calidade ou revise as traducións ten que
 ter a que aterse). Insisto, ter un guía ambicioso non quere dicir que todo
 o mundo o deba ler e chapar de cabo a rabo, pero sí que todo o mundo o
 poderáconsultar puntualmente (se quere).

 En calquera caso, paréceme que é cuestión de entrar en faena e ilo
 discutindo.

 Saúdos, Manuel

Coincido con Manuel plenamente. Podemos plantexar unha guía que cubra tódolos 
puntos posibles e que valla para a o SNL da UDC/USC/UDV , para Mancomun, para 
Trasno, para as empresas... e logo unha breve introdución á tradución que 
inclúe os puntos + importantes da guía.

[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-06 Conversa mvillarino
 Agora vaiche saltar por aquí Marce dicindo que entre os de KDE deberia
 haber un respecto mutuo e deberias apoiar a súa guía.

Home, eu creo que marce, ademais de conterse á hora de mandar a alguén
á m***a, o que dirá e algo semellante ao que xa dixo. Pero como é
pouco falador seguro que prefire que revises os correos que hai na
lista de trasno.

[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/4 Ignacio Casal Quinteiro nacho.resa en gmail.com:
 O Lun, 04-08-2008 ás 16:16 +0200, suso.baleato en xunta.es escribiu:
 Boas novas,

 Habeamus lingüísta no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre;
 trátase de Xosé Antón Gómez Méixome e se todo sae ben incorporarase ao
 longo deste mes unha vez que se resolvan as burocracias pertinentes.

Ola,
é este o mesmo Méixome que estivo en Galego21?

 Boas novas tamén no que se refire ao proceso de revisión e unificación
 dos nosos recursos lingüísticos que xa superou o escollo fundamental:
 sintetizar os principios fulcrais sobre os que basear todo o traballo
 posterior. Son os seguintes:

 1. Internacionalización: aplicamos os estándares de i18n/ l10n do
software libre, primando o criterio de proximidade lingüística.

 2. Léxico: aplicamos as normas ILG/RAG 2003 atendendo de forma explícita
ao mandato do cuarto principio.

 3. Estilo: aplicamos unha guía de estilo unificada e revisada
periódicamente

 4. Metodoloxía: aplicamos os consensos da comunidade de g11n.

 Unha vez que teñamos unificados os recursos lingüísticos, xa poderemos
 empezar a traballar no tema do Pootle, base de datos terminolóxica,
 servidor de tmx e demais propostas que saíron do último encontro.

 Falando dun proceso futuro, estaría ben que ese servidor Pootle se aínda
 non o ten pois que teño algún tipo de servizo para poder acceder desde
 aplicacións externas (tipo gtranslator) co que poder ir editando desde
 esta aplicación de escritorio. (Por suposto isto sería nun proceso
 futuro, xa que a ver se primeiro sacamos unha versión estable).

Eu tamén penso que isto seria útil, pero a verdade é que para isto
haberiase que por en contacto cos desenvolvedores do Pootle. Lémbrolle
á xente que non estivo no g11n, ou que si estivo tamén, que as dúas
principais razóns de pasar de Entrans a Pootle son que Pootle está
moito máis avanzado e posúe máis funcionalidades, e que está en
desenvolvemento activo, o que facilita a rápida integración de novas
funcionalidades a petición dos voluntarios, descargando así na
comunidade de Pootle parte do traballo que a xente de Mancomún tivo
que facer para mellorar o Entrans e mantelo en servizo.

Sobre o comentado por Suso, non sei como está o do software dispoñible
para o dun servidor TMX ou TBX, xa que agora non estou para investigar
iso xa que estou estudando, pero teño moita curiosidade, así que se
alguén de Mancomun o investigou xa que comente algo. Respecto do da
guía de estilo e outros temas que penso que tamén haberia que discutir
(nomes de paises/linguas/moedas...) haberiase que xuntar como minimo
para falalo por riba.

 Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
 máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en
 xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
 dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
 aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
 suxestións do anterior encontro.

 Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?

Viria ben. Onde?

[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/5 Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com:

Esquecerame comentar que seria bo, se é que hai que escribir un
software para un servidor TMX ou TBX, porse en contacto cos proxectos
dos principais programas de tradución que hai (Pootle, gtranslator,
lokalize, poedit), para integrar estes servizos con ditos programas.

 Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
 máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en
 xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
 dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
 aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
 suxestións do anterior encontro.

 Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?

 Viria ben. Onde?

[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-04 Conversa suso.bale...@xunta.es
Boas novas,

Habeamus lingüísta no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre;
trátase de Xosé Antón Gómez Méixome e se todo sae ben incorporarase ao
longo deste mes unha vez que se resolvan as burocracias pertinentes.

Boas novas tamén no que se refire ao proceso de revisión e unificación
dos nosos recursos lingüísticos que xa superou o escollo fundamental: 
sintetizar os principios fulcrais sobre os que basear todo o traballo 
posterior. Son os seguintes:

1. Internacionalización: aplicamos os estándares de i18n/ l10n do
   software libre, primando o criterio de proximidade lingüística.

2. Léxico: aplicamos as normas ILG/RAG 2003 atendendo de forma explícita 
   ao mandato do cuarto principio.

3. Estilo: aplicamos unha guía de estilo unificada e revisada
   periódicamente

4. Metodoloxía: aplicamos os consensos da comunidade de g11n.

Unha vez que teñamos unificados os recursos lingüísticos, xa poderemos
empezar a traballar no tema do Pootle, base de datos terminolóxica, 
servidor de tmx e demais propostas que saíron do último encontro.

Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en 
xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
suxestións do anterior encontro.

Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?

Saúdos,

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 687/ 881 999 113   suso.baleato @ mancomun.org

[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-04 Conversa Ignacio Casal Quinteiro
O Lun, 04-08-2008 ás 16:16 +0200, suso.baleato en xunta.es escribiu:
 Boas novas,
 
 Habeamus lingüísta no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre;
 trátase de Xosé Antón Gómez Méixome e se todo sae ben incorporarase ao
 longo deste mes unha vez que se resolvan as burocracias pertinentes.
 
 Boas novas tamén no que se refire ao proceso de revisión e unificación
 dos nosos recursos lingüísticos que xa superou o escollo fundamental: 
 sintetizar os principios fulcrais sobre os que basear todo o traballo 
 posterior. Son os seguintes:
 
 1. Internacionalización: aplicamos os estándares de i18n/ l10n do
software libre, primando o criterio de proximidade lingüística.
 
 2. Léxico: aplicamos as normas ILG/RAG 2003 atendendo de forma explícita 
ao mandato do cuarto principio.
 
 3. Estilo: aplicamos unha guía de estilo unificada e revisada
periódicamente
 
 4. Metodoloxía: aplicamos os consensos da comunidade de g11n.
 
 Unha vez que teñamos unificados os recursos lingüísticos, xa poderemos
 empezar a traballar no tema do Pootle, base de datos terminolóxica, 
 servidor de tmx e demais propostas que saíron do último encontro.

Falando dun proceso futuro, estaría ben que ese servidor Pootle se aínda
non o ten pois que teño algún tipo de servizo para poder acceder desde
aplicacións externas (tipo gtranslator) co que poder ir editando desde
esta aplicación de escritorio. (Por suposto isto sería nun proceso
futuro, xa que a ver se primeiro sacamos unha versión estable).

Saúdos.
 
 Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
 máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en 
 xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
 dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
 aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
 suxestións do anterior encontro.
 
 Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?
 
 Saúdos,
 
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: Esta =?ISO-8859-1?Q?=E9?= unha parte de mensaxe asinada
dixitalmente
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080804/a0b45ddf/attachment.pgp