O Monday 11 August 2008 13:03:35 Manuel Souto Pico escribiu:
> 2008/8/11 mvillarino <mvillarino en gmail.com>
>
> > O Luns 11 Agosto 2008 11:59, Manuel Souto Pico escribiu:
> > > Sobre a extensión do guía de estilo: eu penso que non se deberían
> > > deixar fóra cousas que é necesario incluír, porque entón non estaría a
> > > cubrir as necesidades para as que se crea, e para ben da coherencia
> > > paréceme que é necesario incluír todo aquilo sobre o que poden diverxer
> > > os estilos (evidentemente) das diferentes persoas que localizan,
> > > ademais de todas as recomendacións que queremos facer para obtermos un
> > > estilo adecuado en xeral.
> >
> > Até certo pto., hai cousas que hai que dar como condicións previas, por
> > exemplo que se escrebe con boa ortografía, unha vez indicada unha
> > ortografía
> > de referencia, e que os textos termo sexan gramaticalmente correctos,
> > polo que non cumpre meter un tocho nestes pontos, restrinxíndose a
> > sinalar erros de tradución.
>
> Totalmente de acordo. A ortografía e a gramática non son estilo. Como dicía
> anteriormente creo que noutro fío, para iso xa están as normas, os
> dicionários e as gramáticas.
>
> > > Ora ben, isto non ten por que
> > > impedir que se poida crear unha versión abreviada con únicamente
> > > aqueles puntos *esenciais* que deban ter presentes como mínimo as
> > > persoas que non queira ou non poidan aprofundar moito.
> >
> > Un prontuario? Xa me soa mellor. Fíxate por exemplo no texto da udc onde
> > fala
> > da utilización das maiúsculas, e no equivalente a uvigo, desde logo este
> > é máis curto que aquel e non é que deixe fora moitas cousas.
> > Hei de insistir no asunto: a maioría da xente que se achega como
> > voluntaria,
> > xamais chega a enviar un ficheiro po. Coa interface web a cousa algo
> > cambiará, pero se lle metes a alguén a obriga de meterse entre o peito e
> > as costas 40 páxinas de tocho, queda o comido polo servido.
>
> Tamén de acordo. Por iso dicía que se pode facer unha versión abreviada
> (sen que por iso fiquen cousas fóra do guía, porque por exemplo os
> verificadores ou quen supervise a calidade ou revise as traducións ten que
> ter a que aterse). Insisto, ter un guía ambicioso non quere dicir que todo
> o mundo o deba ler e chapar de cabo a rabo, pero sí que todo o mundo o
> poderáconsultar puntualmente (se quere).
>
> En calquera caso, paréceme que é cuestión de entrar en faena e ilo
> discutindo.
>
> Saúdos, Manuel

Coincido con Manuel plenamente. Podemos plantexar unha guía que cubra tódolos 
puntos posibles e que valla para a o SNL da UDC/USC/UDV , para Mancomun, para 
Trasno, para as empresas... e logo unha breve introdución á tradución que 
inclúe os puntos + importantes da guía.

Reply via email to