Paquetes Debian traducidos

2000-04-08 Conversa Jacobo Tarrio
 Estes son os paquetes que hai traducidos ao galego en Debian:

x11/wmaker
sound/aumix
base/fileutils
graphics/gnome-gv
x11/gnome-core
x11/gnome-libs-data
admin/gnome-print
libs/libgtk1.2
admin/locales
libs/libgtop1
mail/mutt
x11/sawmill

 Son 12 paquetes; os cataláns teñen 9 e os bascos teñen 3 :-)

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)

The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


glade control-center

2000-04-08 Conversa Rubén
Xa traducín a última versión (sacada do CVS hoxe) de glade, e tamen
do control-center.

Para este último traducín un montón de ficheiros .desktop que trae,
e non sei en que sitio da árbore CVS poñelos :-m Ademáis teñen a sua propia
estructura de directorios... En principio mandeillos ó cordinador de
traducción a galego de GNOME para que faga o que considere oportuno.
-- 
- Son o xerador de taglines aleatorios de Ryu para mutt -
 __
 )_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://programacion.mundivia.es/ryu
[ GGL developer ]  [ IRCore developer ]  [ GPUL member ]
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Nome e logo

2000-04-08 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Sat, Apr 01, 2000 at 04:40:32PM +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribió:

home, dar un subdominio, case que non interesa moito non? porque ter un
subdominio de linux.org por exemplo non sería moi lóxico; e doutros
sitios menos (para iso xa o temos en SF).

Ademáis, alugar un dominio non custa moito, ¿non?

O problema é que tería que ter relación co nome do grupo, e como
aínda non está decidido... Pois nin dominio nin conta en sourceforge. :-)

E linux-gl ou gl-linux non vale porque teriamos ducias de visitas
pensando que é unha páxina sobre OpenGL en Linux.

Por certo, tamén hai que ir pensando nun logotipo.  Xa coñecedes o
pingüín de Ramón Flores (podedes visitar a nova versión que fixen hoxe no
sitio de sempre, http://www.eurielec.etsit.upm.es/legal/).

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


Re: Nome e logo

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jesus Bravo Alvarez wrote:
 
 Sat, Apr 01, 2000 at 04:40:32PM +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribió:
 
 home, dar un subdominio, case que non interesa moito non? porque ter un
 subdominio de linux.org por exemplo non sería moi lóxico; e doutros
 sitios menos (para iso xa o temos en SF).
 
 Ademáis, alugar un dominio non custa moito, ¿non?

moito non (sobre 10K), e que o paga? O;))

 O problema é que tería que ter relación co nome do grupo, e como
 aínda non está decidido... Pois nin dominio nin conta en sourceforge. :-)

 E linux-gl ou gl-linux non vale porque teriamos ducias de visitas
 pensando que é unha páxina sobre OpenGL en Linux.

GLinux como dixo Francisco non está mal, e confúndese menos a xente que
con gl (pefixo ou sufixo) aparte. ademáis estará a descripción en galego
ou que poña algo sobre o acrónimo. e integra Gnu/Linux e GL do gl (-
código de galego).

e é importante pero tampouco é unha cousa vital, eu deixaría unha semana
para propoñer outros ou obxectar sobre este, e nada máis.

 Por certo, tamén hai que ir pensando nun logotipo.  Xa coñecedes o
 pingüín de Ramón Flores (podedes visitar a nova versión que fixen hoxe no
 sitio de sempre, http://www.eurielec.etsit.upm.es/legal/).

non sei se volo comentei antes, pero gustaríame algo máis orixinal. é
dicir, outro animal (ou equivalente) identificativo, tal como o do
propio linux, GNU, GNOME, GIMP, SLUG, ...

pero iso non corre présa, pódese cambiar cando se queira sen trastocar
nada de nada e esas cousas ...

  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com




algo de todo

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
olá:

creo que é interesante que falemos tamén do resto das cousas, xa que
estamos algo atascados co nome. hai cousas que hai que tratar
necesariamente antes de comezar co novo proxecto, entón a ver se o
facemos xa para non retrasar máis todo isto.

nunha reunión en persoa pódese dicir aquelo de el que calla otorga,
pero aquí non contestar pode significar tamén que a persoa non leu algo
do que se dixo.

tamén hai que contar coa xente que non está nesta lista; se ben é certo
que o non estar indica que non lles interesa moito, tamén o é que terán
algo que dicir sobre todo isto. por iso creo que hai que ir informando
(=resumindo) o que se trata aquí nas outras listas.

e sobre falar doutras cousas refírome por exemplo, á estructura das
páxinas; á cantidade e estructuración das listas de crreo (por certo, en
SF non hai restriccións neste senso non?), e esas cousas. non pode
aterrar un coordinador en SF e poñerse a facer as cousas como lle pete,
digo eu.

eu sobre as páxinas teño que dicir que me gustan (para iso asesorei á
Jesús na súa creación xDDD) e que haberá que cambiar algunhas cousas
menores, que non afecten á estructura xeral. por exemplo escoller un
sistema para os distintos formatos dos documentos.

sobre as listas, creo que nun principio só tería que haber unha por
separado para mensaxes de aviso dos robots; aparte da outra na que
estaremos tod@s.

sobre as normas; creo que máis ou menos todo o que s dixo foron sobre
malentendidos/aclaracións/recomendacións.

sobre o noso servidor parece que xa está todo decidido.

e non falta nada máis non?


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com



RE: o_noso_nome + galego21

2000-04-08 Conversa Camilo Regueiro

 olá:

 creo que sería interesante polo menos (se é posible) figurar como
 proxecto en galego21. que vos parece?



No Problem, tan só o tedes que decir e adiante.



OFF-TOPIC: mensaxes perdidas

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
olá:

creo que sei cal pode ser o problema de perda de mensaxes: mando varias
xuntas (p. ex 3, coma hoxe); e o servidor pensa que son un spammer ou
algo así e vós recibides todas pero eu só recibo unha desas que mandei.

pode ser iso? a partir de agora procurarei mandalas separadas a ver qué
pasa ...

aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com




Re: algo de todo

2000-04-08 Conversa Jacobo Tarrio
O Tue  4 Apr 2000 19:56:47 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

 páxinas; á cantidade e estructuración das listas de crreo (por certo, en
 SF non hai restriccións neste senso non?),

 Creo que non.

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)

The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-08 Conversa Santiago Garcia Mantinan
 que cho conten Jacobo o Jesus, polo que sei trata diso que saiu no
 Correo Galego de que Fraga e Rik ían a comezar a traducir o linuz a
 galego ou algo así. por certo, se alguén ten o artigo a ver se mo pode
 pasar; porque eu seguira o enlace pero non rulaba ou non sei que pasou
 pero non o puidera ler.

De feito estaría ben que alguén o puxese por aqui transcrito, ou alo menos
resumido :-)

Polo que eu sei o único que houbo entre a Xunta e Rik foi un malentendido,
ou sexa, que Rik lles pedía que apoiasen a traducción do Linux ó galego e
eles entenderon que quería pasar todo o sistema informático da Xunta a Linux
X-))) en fin, e por riba, cando me din conta do malentendido, Rik non puido
xa falar con ninguén na Xunta para desfacelo :-(

Hoxe mesmo (5 de Abril) falei con Rik, e dí que cando teña tempo vai
terminar o que estaba facendo para darlles ós da Xunta, pero que o fará en
plan carta aberta. En canto seipa algo mais xa volo direi.

Cecais non estaba mal coller o texto que faga Rik, traducilo ó galego, e
quedar cos da Xunta para termos todos unha reunión con eles :-)

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


Problemas coas mensaxes á lista

2000-04-08 Conversa Santiago Garcia Mantinan
Ben, hoxe bou remandar unhas cantas cousas que xa mandei, pero que nunca
chegan á lista, ou alomenos a min non che me chegan de volta.

A ver se desta chegan, algunhas xa estarán caducadas, outras non.

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-08 Conversa Santiago Garcia Mantinan
 claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
 chacho, dami algo ... x

Buf, creo que Rik rematou un pouquichiño full dos da Xunta, resulta que ó
final queriase reunir con eles e nono recibiron :-((( por iso non presentou
a cousa da traducción ó galego, chegou a dicir, despois de mais dun día de
traballo nela, que inda que lle quedaba pouco, non a remataba :-(

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


Re: Problemas coas mensaxes á lista

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Santiago Garcia Mantinan wrote:
 
 Ben, hoxe bou remandar unhas cantas cousas que xa mandei, pero que nunca
 chegan á lista, ou alomenos a min non che me chegan de volta.
 
 A ver se desta chegan, algunhas xa estarán caducadas, outras non.

con propósito informativo, eu só recibín as que mandaches hoxe.

 Saudos!
 --
 Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com




Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Santiago Garcia Mantinan wrote:
 Cecais non estaba mal coller o texto que faga Rik, traducilo ó galego, e
 quedar cos da Xunta para termos todos unha reunión con eles :-)

por min vale pero eu non vou falar cos da xunta X))

 Saudos!
 --
 Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] - GNU [http://www.gnu.org]




Re: Sourceforge

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Santiago Garcia Mantinan wrote:
 
Manda carallo, pois máis non vas atopar...
 
 Home, depende, estivemos hoxe precisamente falando diso e creo que a máquina
 onde está todo o de GPUL podería alvergar todo o que pediamos, web, ftp,
 cvs e listas, con servidor de web virtual sobre o dominio ou o que
 queirades, se non hai problemas, iso sí, compre saber se a Legal lle
 interesa ou non antes de atar de todo as cousas.

chévere!

 Tamén estivemos a falar de solicitar un traductor profesioná para
 axudarnos a todos coas traduccions, e acordamos que si o comentabamos por
 eiquí e se veia que a cousa interesaba para todo-los grupos que estamos
 agora traducindo e que poderiamos manter mais ou menos ocupado a un
 traductor entre todos, solucionando dudas, repasando traduccions, ou facendo
 algunha... pois que se podía solicitar.

deses que están en paro non? pode ser unha boa idea ...

 Ben, creo que Jacobo vos pode ampliar mais todo isto, pero se non, xa
 podedes empezar a opinar ;-)
 
 Saudiños!
 --
 Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux [http://www.debian.org] - GNU [http://www.gnu.org]




Re: Sourceforge

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Santiago Garcia Mantinan wrote:
 Home, creo que o de non ter unha IP tampouco che é unha cousa tan
 importante, polo que dixo Fer a cousa das IPs segue tan chunga como antes,
 pero igual animo a Jacobo e nos plantamos un día a ver se cambiou algo ou
 non :-?

eu dicía IPs porque falara algo deso Jesús ... en realidade referíame ao
que dis neste parágrafo de abaixo :)))

 Polo de agora como dicía na outra mensaxe, pois, o espacio no ftp, o
 servidor virtual de web, o cvs e as listas, parecen ser algo que se podería
 usar.
 
 Saudos!
 --
 Manty/BestiaTester - http://manty.i.am


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com




ademais do traductor en paro

2000-04-08 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
olá:

estiven mirando as páxinas de usc e creo que ofrecen algo asi como
traduccións/correcións gratuitas. non é plan mandarlles cousas para
traducir, pero para correcións e tal ...

outra cousa que vin é que teñen diccionarios de termos ou algo
semellante, aclaracións sobre cousas puntuais, etc.

o caso é que non me fixei moito se son só para xente da universidade, só
para mestres ou como funciona en xeral, pero poderíase investigar algo
... e tamén, se hai servicios semellantes noutras universidades.

os servicios estes tamén se ofrecen por suposto en-liña, por correo
electrónico e tal.


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com