Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-22 Thread Leandro Regueiro

On 6/20/06, José Ramom Flores d'as Seixas  wrote:

Non sei se algunha vez foi certo o dito "o bon pano vende-se na arca", mais
hoxe en dia é máis falso que unha moeda de 3 euros. Trasno, sen chegar a ser
un proxecto clandestino como foi ceibe :), peca por falta de publicidade. A
sua web non reflecte ben o traballo feito, e até ha pouco daba a impresión do
proxecto estar morto, é falso xa o sei, mais esa era a impresión que daba.
Outros proxectos teñen webs con actualizacións diárias, e xente detrás que se
toma o traballo de ir a xornadas, falan con quen os queira escoitar, e
loxicamente teñen moita mais visibilidade.


A ver se agora que a páxina de Trasno se vai converter nun wiki
conseguimos unha páxina web máis actualizada, xa que iso é o primeiro
e o único de Trasno que van ver moitos.


Este governo da Xunta ten unha postura favorábel ao software libre (SL), en
clarísimo contraste co anterior. Ademais pula polo SL en galego. E isto, unha
vez superados os malentendidos e omisións, é unha moi boa noticia para os que
estamos nesta lista, penso eu. Outra cousa é como coordenar esforzos, e como
facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente labor dos tradutores
trásnicos (ou trasnenses).


Penso que para iso é a reunión proposta.


A nível global o movimento de SL é unha mistura de voluntários e empresas. Eu
non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL están
pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o seu apoio
o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que o SL triunfe
vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que estas empresas
deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a unha boa
relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.


Eu tamén penso así, pero paréceme que non empezamos ben, ainda que non
teño moi claro de quen é a culpa.


Por último, in my not so humble opinion,  para a reunión coa consellaria seria
imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos
subproxectos GNOME, KDE e Mandriva. Pode estar mais xente, mais se ha MOITA
MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.


Home, dicir que na traducción de Mandriva hai coordinadores éche moito
dicir. Son ó único traductor, a non ser que non me dera conta de que
hai alguén máis. En principio contade comigo. E xa postos tamén
poderiamos aproveitar para vernos os trasnegos (ou o que sexa).


Ramon Flores
(http://ramonflores.br.tripod.com/)
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-22 Thread Daniel Muñiz Fontoira




Interesante o do Wiki para poder estar todo máis
actualizado. :-) 

Leandro Regueiro escribió:
On 6/20/06, José Ramom Flores d'as Seixas
 wrote:
  
  Non sei se algunha vez foi certo o dito "o
bon pano vende-se na arca", mais

hoxe en dia é máis falso que unha moeda de 3 euros. Trasno, sen chegar
a ser

un proxecto clandestino como foi ceibe :), peca por falta de
publicidade. A

sua web non reflecte ben o traballo feito, e até ha pouco daba a
impresión do

proxecto estar morto, é falso xa o sei, mais esa era a impresión que
daba.

Outros proxectos teñen webs con actualizacións diárias, e xente detrás
que se

toma o traballo de ir a xornadas, falan con quen os queira escoitar, e

loxicamente teñen moita mais visibilidade.

  
  
A ver se agora que a páxina de Trasno se vai converter nun wiki
  
conseguimos unha páxina web máis actualizada, xa que iso é o primeiro
  
e o único de Trasno que van ver moitos.
  
  
  Este governo da Xunta ten unha postura
favorábel ao software libre (SL), en

clarísimo contraste co anterior. Ademais pula polo SL en galego. E
isto, unha

vez superados os malentendidos e omisións, é unha moi boa noticia para
os que

estamos nesta lista, penso eu. Outra cousa é como coordenar esforzos, e
como

facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente labor dos
tradutores

trásnicos (ou trasnenses).

  
  
Penso que para iso é a reunión proposta.
  
  
  A nível global o movimento de SL é unha
mistura de voluntários e empresas. Eu

non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL
están

pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o seu
apoio

o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que o SL
triunfe

vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que estas
empresas

deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a unha boa

relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.

  
  
Eu tamén penso así, pero paréceme que non empezamos ben, ainda que non
  
teño moi claro de quen é a culpa.
  
  
  Por último, in my not so humble opinion, 
para a reunión coa consellaria seria

imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos

subproxectos GNOME, KDE e Mandriva. Pode estar mais xente, mais se ha
MOITA

MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.

  
  
Home, dicir que na traducción de Mandriva hai coordinadores éche moito
  
dicir. Son ó único traductor, a non ser que non me dera conta de que
  
hai alguén máis. En principio contade comigo. E xa postos tamén
  
poderiamos aproveitar para vernos os trasnegos (ou o que sexa).
  
  
  Ramon Flores

(http://ramonflores.br.tripod.com/)

  
  

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  



___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-22 Thread mvillarino
O Xoves, 22 de Xuño de 2006 18:30, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
> Interesante o do Wiki para poder estar todo máis actualizado. :-)
>

O do wiki está moi ben, porque está de moda.

pero a caña seria de dispor de isto: http://www.tumatxa.com/es/


por certo, para facer unha quedada, o único que fai falla é que alguén se 
decia e diga dia, hora e lugar. Eu tamén prefiro Santiago (porque está no 
medio), pero como traballo, deberia ser un sábado.
e levar cartos para cervexas (e camisetes de kde, para reconhecermo-nos ;-)
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgprauYEQ3J4u.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-22 Thread Daniel Muñiz Fontoira




Ola!
Penso que é interesante, en Ubuntu teñen a Rosetta que penso que é algo
parecido. A verdade é que penso que está xenial, entras seleccionas
traduces e se queda a medio traducir outro pode continuar.
O que ti comentas dame que é algo parecido.
Desde logo penso que para cambiar cousas tal vez sería interesante
facer algo así de este xeito abriría moito o proxecto no sentido de que
para traducir, practicamente con gañas e internet é doado, non hai que
instalar aplicación algunha.
En Ubuntu funciona así. Claro que ten que haber alguén que coordine e
poña os arquivos a traducir. Iso xa non sei coma se fai.


Saudos

PD. Por certo esta semana chegaronme os
cinco CD's que solicitei de ubuntu, viñeron nun paquetiño destes de
protección e tamén trae uns adhesivos. Os CD's rotulados coa súa
caixiña... Fíxome moita ilusión!!



mvillarino escribió:

  O Xoves, 22 de Xuño de 2006 18:30, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
  
  
Interesante o do Wiki para poder estar todo máis actualizado. :-)


  
  
O do wiki está moi ben, porque está de moda.

pero a caña seria de dispor de isto: http://www.tumatxa.com/es/


por certo, para facer unha quedada, o único que fai falla é que alguén se 
decia e diga dia, hora e lugar. Eu tamén prefiro Santiago (porque está no 
medio), pero como traballo, deberia ser un sábado.
e levar cartos para cervexas (e camisetes de kde, para reconhecermo-nos ;-)
  
  

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
  



___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Ferramentas web (era [Re: é posíbel unha reunión?])

2006-06-22 Thread Felipe Gil Castiñeira
Ola,

Como sigo sendo un gran defensor das ferramentas web para facilitar a
colaboración, creo que estaría moi ben  (a curto/medio prazo) a
instalación no servidor de trasno de Pootle
(http://translate.sourceforge.net/wiki/pootle). Mellorou moito
ultimamente, e de acordo co «roadmap» que teñen
(http://translate.sourceforge.net/wiki/wordforge/roadmap), vai mellorar
máis moi axiña.

Hai un servidor público en http://pootle.wordforge.org/. Tamén o
instalei no meu ordenador para probar a administración, etc. (se alguén
ten interese, pásolle a dirección). En canto o teña probado un pouco a
fondo, douvos as miñas impresións.

Un saúdo.
Felipe.


Daniel Muñiz Fontoira wrote:
> Ola!
> Penso que é interesante, en Ubuntu teñen a Rosetta que penso que é
> algo parecido. A verdade é que penso que está xenial, entras
> seleccionas traduces e se queda a medio traducir outro pode continuar.
> O que ti comentas dame que é algo parecido.
> Desde logo penso que para cambiar cousas tal vez sería interesante
> facer algo así de este xeito abriría moito o proxecto no sentido de
> que para traducir, practicamente con gañas e internet é doado, non hai
> que instalar aplicación algunha.
> En Ubuntu funciona así. Claro que ten que haber alguén que coordine e
> poña os arquivos a traducir. Iso xa non sei coma se fai.
>
>
> Saudos
>
> PD. Por certo esta semana chegaronme os cinco CD's que solicitei de
> ubuntu, viñeron nun paquetiño destes de protección e tamén trae uns
> adhesivos. Os CD's rotulados coa súa caixiña... Fíxome moita ilusión!!
>
>
>
> mvillarino escribió:
>> O Xoves, 22 de Xuño de 2006 18:30, Daniel Muñiz Fontoira escribiu:
>>   
>>> Interesante o do Wiki para poder estar todo máis actualizado. :-)
>>>
>>> 
>>
>> O do wiki está moi ben, porque está de moda.
>>
>> pero a caña seria de dispor de isto: http://www.tumatxa.com/es/
>>
>>
>> por certo, para facer unha quedada, o único que fai falla é que alguén se 
>> decia e diga dia, hora e lugar. Eu tamén prefiro Santiago (porque está no 
>> medio), pero como traballo, deberia ser un sábado.
>> e levar cartos para cervexas (e camisetes de kde, para reconhecermo-nos ;-)
>>   
>> 

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-22 Thread Antonio Perez Casas

Boas de novo,

Pola miña parte non tería problema en quedar un fin de semana, e 
tampouco teño problema polo tempo que poida durar a reunión ou o número 
de persoas que consideredes que deben estar si prefería a ser posible 
que a reunión fóra en Santiago, tampouco creo que tería excesivo 
problema en localizar un local na USC (por exemplo salón de actos dos 
colexios maiores do campus de Santiago no caso de ser a reunión un fin 
de semana). O que si pediría é que alguén propoña unha data concreta o 
antes posible non vaia a ter problemas concretos ese día, tal vez estea 
fóra de Galiza o fin de semana do 8-9?


En cantos os posibles temas gustaríame pola miña parte comentar a 
estratexia que estamos valorando para o apoio ao software libre en 
Galiza, así como escoitar as vosas opinións ou novas ideas nas que 
poidamos participar ou apoiar a Administración, en concreto comentar os 
proxectos de traducción de software que creemos necesario ter dispoñibles.


Sen entrar nalgunhas das opinións destas últimas mensaxes aclarar tan só 
que a nosa estratexia non pretende só enfocarse aos cidadáns, tamén a 
administración, as empresas, ao emprego do sector, ... e por outra parte 
polo menos eu non son dos de pedir ningún certificado de antiguedade a 
ninguén, si alguén (persoa ou empresa), polos motivos que sexa, decide 
facer algo a favor da lingua e do software libre, eu non tería ningún 
problema en colaborar con eles. Si é un recen chegado, non moi 
convencido, pode ser incluso mellor por que unha vez convencido das 
bondades do SL acabará sumando.


Unha aperta.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posible unha reunión?

2006-06-22 Thread Leandro Regueiro

On 6/20/06, mvillarino  wrote:

O Martes, 20 de Xuño de 2006 11:17, Xabi G. Feal escribiu:
> Home, eu agardo que neste caso se deixen de lado os exclusivismos.
>
> > Ola:
> >  Esa reunión será publica? se podo, gustaríame saber se podo asistir, en
> > calidade de ouvinte. Saudos


A min tamén me gustaría moito asistir, ainda que non teño pensado
participar (confío en que as cousas se desenvolvan máis ou menos de
acordo cos meus intereses). Creo que xa podedes ir reservando un
espazo grande para acollernos a todos. Tampouco estaría mal que para
variar os de Trasno nos xuntaramos unha vez, digo eu. En cando ó lugar
eu preferiría que fora en Santiago, xa que é a única cidade galega que
coñezo máis ou menos ben.

Ata logo,
 Leandro Regueiro
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posible unha reunión?

2006-06-22 Thread Xabi G. Feal
Ben, entón póñase primeiro a data

Semana do 26-2
Semana do 3-9
Semana do 10-16

Xa discutiremos logo se cabemos ou non cabemos todos (eu coido que non haberá 
problema).
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Un erro en Kmail

2006-06-22 Thread mvillarino
Configuración->Seguridade->Advertencias
"Advertir cand ..." : falta un "o"
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgp2VzcBCnYJh.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno