Interesante o do Wiki para poder estar todo máis
actualizado. :-)
Leandro Regueiro escribió:
On 6/20/06, José Ramom Flores d'as Seixas
<fa2ra...@usc.es> wrote:
Non sei se algunha vez foi certo o dito "o
bon pano vende-se na arca", mais
hoxe en dia é máis falso que unha moeda de 3 euros. Trasno, sen chegar
a ser
un proxecto clandestino como foi ceibe :), peca por falta de
publicidade. A
sua web non reflecte ben o traballo feito, e até ha pouco daba a
impresión do
proxecto estar morto, é falso xa o sei, mais esa era a impresión que
daba.
Outros proxectos teñen webs con actualizacións diárias, e xente detrás
que se
toma o traballo de ir a xornadas, falan con quen os queira escoitar, e
loxicamente teñen moita mais visibilidade.
A ver se agora que a páxina de Trasno se vai converter nun wiki
conseguimos unha páxina web máis actualizada, xa que iso é o primeiro
e o único de Trasno que van ver moitos.
Este governo da Xunta ten unha postura
favorábel ao software libre (SL), en
clarísimo contraste co anterior. Ademais pula polo SL en galego. E
isto, unha
vez superados os malentendidos e omisións, é unha moi boa noticia para
os que
estamos nesta lista, penso eu. Outra cousa é como coordenar esforzos, e
como
facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente labor dos
tradutores
trásnicos (ou trasnenses).
Penso que para iso é a reunión proposta.
A nível global o movimento de SL é unha
mistura de voluntários e empresas. Eu
non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL
están
pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o seu
apoio
o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que o SL
triunfe
vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que estas
empresas
deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a unha boa
relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.
Eu tamén penso así, pero paréceme que non empezamos ben, ainda que non
teño moi claro de quen é a culpa.
Por último, in my not so humble opinion,
para a reunión coa consellaria seria
imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos
subproxectos GNOME, KDE e Mandriva. Pode estar mais xente, mais se ha
MOITA
MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.
Home, dicir que na traducción de Mandriva hai coordinadores éche moito
dicir. Son ó único traductor, a non ser que non me dera conta de que
hai alguén máis. En principio contade comigo. E xa postos tamén
poderiamos aproveitar para vernos os trasnegos (ou o que sexa).
Ramon Flores
(http://ramonflores.br.tripod.com/)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
|