Re: [kdegames] Stargate Atlantis

2009-09-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Xa non che vou preguntar en que software libre atopaches iso, porque
> estou bastante seguro de que en ningún :)

Xúroche que si XD Atopei as cadeas nun paquete de KDEGames, nos temas visuais 
dos xogos, se non me equivoco. Eu tampouco o crería, pero éche certo. KDE cada 
vez me sorprende máis XD


Re: [kdegames] Stargate Atlantis

2009-09-21 Conversa Leandro Regueiro
2009/9/19 Javier Pico :
>
>
> 2009/9/19 Adrián Chaves Fernández 
>>
>> > > Algún trasno que vise Stargate Atlantis en galego e me saiba dicir se
>> > > se
>> > > traduce o de «Atlantis»?
>> >
>> > Hai stargate en galego?
>>
>> Pois a verdade é que non o sei. Se non o hai, deixo Atlantis? Ou poño
>> Atlántida?
>>
>
> Eu optaría por conservar o nome orixinal, senon xa entraría a debate se
> traducir "Stargate" ou non.

Xa non che vou preguntar en que software libre atopaches iso, porque
estou bastante seguro de que en ningún :)

Atlantis é o nome inglés da Atlántida se non me equivoco. Eu deixaríao
sen traducir. En latinoamericano (por chamarlle dalgún xeito)
traducírono como "Stargate Atlántida".

Ata logo,
  Leandro Regueiro


Re: Developer

2009-09-21 Conversa Leandro Regueiro
2009/9/20 Adrián Chaves Fernández :
>> Saudos.
>>
>> Non sei se vos pasou algunha vez a vos. A min, hai certas palabras cuxo
>> significado me resulta tan obvio que nunca me paro a pensar se realmente
>> coñezo a súa tradución correcta ata que teño que usala.
>>
>> "Developer" é unha desas palabras.
>>
>> Sei que "to develop" tradúcese como "desenvolver" [en castelán
>> "desarrollar"].
>>
>> "Developer", en castelán tradúcese por "desarrollador", pero ¿cal é o termo
>> correcto en galego? ¿"Desenvolvedor"?
>>
>> Claro que, o anteriormente mencionado só se aplica ao ámbito da
>>  "Information Tecnology" ou informática.
>>
>> Cónstame que, en outros ámbitos debe traducirse de xeito distinto, por
>> exemplo un "Land developer" sería un "Promotor inmobiliario" ou, segundo
>> wordreference e o merrian webster, tamén se coñece como "developer" o
>> "revelador químico" usado en fotografía.
>>
>> Como o traducides vós? Porque estou seguro que nalgún proxecto tivo que
>> aparecer.
>
> No contexto da Computation, 'developer' é «desenvolvedor».

desenvolvente --> 115
KDE:  114
SUSE:  1

desenvolvedor --> 54
GNOME:  9
KDE:  40
SUSE:  1
XFCE:  4

programador --> 14
KDE:  14

desenrolador --> 5
GNOME:  5


No glosario de Trasno non ven, aínda que indica que "develop"  e
"development" se traducen como "desenvolver" e "desenvolvemento". No
de Mancomun propoñen "desenvolvedor" e "programador".

Eu persoalmente tradúzoo como "desenvolvedor" e podo dicirche que o de
"desenvolvente" é cousa de Marce. Por certo, "desenrolador" é algo ou
alguén que desfai rolos, así que non se pode aplicar.


Re: proxecto Bluefish

2009-09-21 Conversa Leandro Regueiro
> grazas. Xa vou polo 38%. Probareina na miña instalación e logo
> enviareillela ós mantedores do programa. Por certo, moi útil o "glosario"
> porque por exemplo nunca me gustou a etiqueta "buscar", os de fala inglesa
> son moi optimistas e xa poñen "atopar" (to find) :D . Tentarei seguir os
> consellos de estilo propostos.

Pois o glosario está bastante desactualizado. Estamos a ver se o
completamos/actualizamos e o fusionamos cos outros dez ou doce
glosarios que rulan por aí. Se non atopas algo no de Trasno usa tamén
o de Mancomun que está moito máis completo:
https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=207&release_id=434
(recoméndoche a versión en formato .csv se é que non usas un programa
que acepte o glosario en formato .tbx)

Ata logo,
  Leandro Regueiro