Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


=?ISO-8859-1?Q?Alberto_Garc=EDa?= escribió:

> > doutra. Por iso moitas veces meto castelanismos e outras veces "variantes
> > dialectais".
>
> Home, eu penso que o normal sería usar galego normativo cando sexa
> posible, aínda que coas normativas é bastante difícil estar 100% seguro.
> Polo menos coa da Xunta.

Se é  o que digo eu, se meto castelanismos e asi e por despiste, por estar 
demasiado
acostumado a eles, non por outra cousa, eh. ;-)

Abur.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

> Mmmm, teriamos que nos preguntar se esas variedades dialectais
> poden ou non poden estar nas traduccións... Tamén son galego, ¿non?

Por suposto que son galego, outra cousa é que sexa normativo. Eu procurarei
adaptarme o máis posible á normativa, o que pasa é que hai tantas cousas que 
estou
cansado de velas/oilas dun xeito que nin se me pasa pola cabeza que poidan ser
doutra. Por iso moitas veces meto castelanismos e outras veces "variantes
dialectais".

Teño que decir que o de "veu" dixen que era unha variante dialectal pero ben 
pode
ser un castelanismo, eh.  ;-). Non teño nin idea.


> Non me expliquei. X')
>
> Quero decir, que se no orixinal a división entre liñas non chega ó
> final (como é habitual), senón que está na metade da liña, normalmente é
> porque calcularon que calcularon que ese sería o tamaño da fiestra onde
> aparece esa mensaxe.
>
> O mellor é manter no msgstr máis ou menos esa anchura que ten o
> msgid.

Vale, agora si que te entendín, graciñas.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Mensaxes dos pot (mais)

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

No gimp.pot aparecen unhas mensaxes asi:

msgid "/Xtns/Animation"

Que ou ó principio pensaba que eran paths ou algo asi, pero parece que
son as cadeas dos menús do GIMP.  Se é asi podense traducir sen medo
¿nonsi?

JEMPLOS:

msgid "/Xtns/Animation"
msgstr "/Extns/Animación"
...
.../Xtns/Script-Fu/Logos"
.../Extns/Script-Fu/Logotipos"
...
.../Filters/Colours/Map"
.../Filtros/Cores/Mapa"

A ver se me podedes confirmar esto. Xa estou a bucar algo de informacion
sobre como traducir pots, tranquilos. ;-)

Abur.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

> Mon, Apr 10, 2000 at 11:18:11PM +0200, Francisco X. Vázquez escribiu:
>
> >¿Existe algunha limitación no longo das liñas?
> Iso depende de onde vaia ir a cadea.  Se é dun botón que ten que
> ser pequeno, pois si afecta.  Pero en xeral non hai ningún problema, Gtk+ e
> calquera widget para as X están feitos para adaptarse a distintas
> lonxitudes das etiquetas de texto.

Cando é un botón, é  normalmente unha cadea de unha palabra ou ben unha
abreviatura e xa procuro traducilo o máis reducido posible.

> >¿Existe limitación no número de liñas precisas para traducir un parrafo?
> >"¿Veu algunha mensaxe de erro na fiestra de consola?\n"
>^^^ (Por certo, é "viu") :-)))

Ejem, sonche cousas das variantes dialectais :-/ Xa correxiei. Tes que
comprender que un esta acostumado a falar asi e escapanselle alguns erros. :-(

> >"Se non, ¡a instalación foi satisfactoria! Doutro xeito, saia\n"
> >"e investigue a posible razón...\n"
> >#Tres liñas
> >
> >¿Podese traducir nun número de liñas menor ou ten que ser igual?
>
> Podes traducilo co número de liñas que che faga falla, sexan máis
> ou menos.  O único importante é que as dúas rematen ou non rematen en "\n",
> non poden ser diferentes.

Vale, eso cumprino.

> Neste caso, cando vexas "\n" á metade das 4 liñas, normalmente será
> porque o fixeron para unha fiestra que ten o tamaño axustado.  Neste caso,
> o "saia" iría mellor na seguinte liña.

Non te entendo moi ben, a meirande parte das mensaxes longas levan \n ó rematar
cada liña. :-?
¿Queres decir que é mellor ocupar máis liñas ca poñer liñas máis longas?

>
> >Graciñas e ata outra. (-:
>
> O que ti queiras. :-)

-(|:-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola :-)

A ver se me podedes resolver unha dúbida que teño coa traducción do
GIMP.

¿Existe algunha limitación no longo das liñas?

Exemplo:
msgid "Crop & Resize Information"
msgstr "Información de recorte e redimensionado"

A traducción é bastante máis longa ca o orixinal ¿Supon algun problema?.
Hai casos nos que se nota máis.

¿Existe limitación no número de liñas precisas para traducir un parrafo?

Exemplo:

msgid ""
"Did you notice any error messages\n"
"in the console window? If not, installation\n"
"was successful! Otherwise, quit and investigate\n"
"the possible reason...\n"
#Catro liñas

msgstr ""
"¿Veu algunha mensaxe de erro na fiestra de consola?\n"
"Se non, ¡a instalación foi satisfactoria! Doutro xeito, saia\n"
"e investigue a posible razón...\n"
#Tres liñas

¿Podese traducir nun número de liñas menor ou ten que ser igual?

Graciñas e ata outra. (-:

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: Nome e logo

2000-04-08 Conversa Francisco X. Vázquez


"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:

> Jesus Bravo Alvarez wrote:
>
> > >sitios menos (para iso xa o temos en SF).
> >
> > Ademáis, alugar un dominio non custa moito, ¿non?
>
> moito non (sobre 10K), e que o paga? O;))

Podemonos poñer a pedir nun semaforo, ou se non, mangamoslle o nº da tarxeta de
credito a B.G. e pagamos cos seus cartos. Ainda que agora que baixaron un 15% as
accions non sei se lle quedaran moitos Billons. :-D

Agora en serio, se hai que poñer unha pequena, _Pequena_, cantidade cada un non 
hai
problema, ¿non?


> > E linux-gl ou gl-linux non vale porque teriamos ducias de visitas
> > pensando que é unha páxina sobre OpenGL en Linux.
>
> GLinux como dixo Francisco non está mal, e confúndese menos a xente que
> con gl (pefixo ou sufixo) aparte. ademáis estará a descripción en galego
> ou que poña algo sobre o acrónimo. e integra Gnu/Linux e GL do gl (->
> código de galego).
>

Chamademe Fran que se non facedesme moi vello.

Que conste que non é dos nomes que mais me gustan, pero gustame que a alguen lle
guste. :-)
Por certo, esas ducias de visitas (con gl-linux, linux-gl  podiannos vir ben 
¿non?
XD

>
> e é importante pero tampouco é unha cousa vital, eu deixaría unha semana
> para propoñer outros ou obxectar sobre este, e nada máis.
>

A ver se a alguen se lle ocorre algo mellor.

>
> > Por certo, tamén hai que ir pensando nun logotipo.  Xa coñecedes o
> > pingüín de Ramón Flores (podedes visitar a nova versión que fixen hoxe no
> > sitio de sempre, http://www.eurielec.etsit.upm.es/legal/).
>

A VER, ¿ALGUEN COÑECE A UN DEBUXANTE?

A banda do pingüin esta mellor ca a anterior pero non me entusiasma o de porlle 
o
escudo. De calquera xeito esta mellor agora.

>
> non sei se volo comentei antes, pero gustaríame algo máis orixinal. é
> dicir, outro animal (ou equivalente) identificativo, tal como o do
> propio linux, GNU, GNOME, GIMP, SLUG, ...
>

Propoño un ourizo cacho como mascota.



>
> pero iso non corre présa, pódese cambiar cando se queira sen trastocar
> nada de nada e esas cousas ...
>

Certo.

>
> >  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
> >_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
>
> aburinho!!

Abur, eu deixovos que teño que planta-las patacas (no disco duro) 
:-))





Re: Nomes

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:

>   GL -> é a vez GNU/Linux e o ¿código? do galego (gl). claro que é moi
> cortiño, e moi usado noutras cousas (OpenGL, p.ex.).
>

GLINUX

Abur



Re: Nomes

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:

>
> > Propoño usar Brainstorming ( cagalera mental ) para atopar un novo nome.
>
> iso de brainstorming==cagalera mental é unha traducción así á sua
> maneira non? xDD
>

Home, eu antes de saber o nome tecnico a eso de xuntarse un feixe deles e soltar
paridas ata sacar algo limpo chamaballe asi, pero non quere decir que sexa
correcto, claro.

>
> > Tragalinux  -->TRAducción ó GAlego de LINUX
> > Soliga ---> Sistema Operativo Linux en GAlego
> > Progali ---> PROxecto de GAleguización de LInux
> > O Noso Linux  ---> Con connotacións historicas, recorda a "A Nosa Terra"
> > ...
>
> home non sei, soan un pouco como a empresa de construcción ou de pensos
> ...
>

Non, se a min tamen. Sobre todo Soliga e Progali. Pero se vos poñedes cousas, o
primeiro que se vos ocurra, ten que sair algo en mais ou menos tempo.

>
> > Agora tocavos a vos poñer máis, asi sexan novas ou estean baseadas nas 
> > miñas.
> > A ver se de aqui a unha ducia de mensaxes temos algo potable.
>
> é que xa os temos algo esgotados. linux_gz, gzlinux (ou substituíndo
> "gz" por "gl" se queredes) está usado, legal non é moi apropiado e está
> moi visto tanto pola similitude con lucas como pola obviedade do que
> significa.
>
> se se me ocorre algo xa o mandarei ... pero véxoo difícil.
>

galinux, gllinux, linuxga, linuxgl, linuxgz   a min soanme vulgares e de moi
pouca creatividade, para iso prefiro Legal (GALinux ten un pase).

Outras: (inspiradas nas primeiras que mandei)

-Progalicia
ou
-Proxecto Galicia  ---> Proxecto de GAleguización de LInux e CompañIA.

Ata logo.



Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:

> Jacobo Tarrio wrote:
> >
> > O Tue 28 Mar 2000 23:37:59 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
> >
> > > claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
> > > "chacho, dami algo" ... x
> >
> >  Xa o tentou, pero "andaban ocupados" :-)
>
> hmmm, claro ... estaría botando unha soneca ... porque agora que non vai
> polo parlamento e non durme alí a sesta ... xDDD
>
> pois eu pensei que algo si que conseguira :///

Oye, estoy anonadado. ¿Alguen me pode explicar que diaños (con perdon) é todo 
iso de
que o Van Riel lle foi pedir non sei que a Don Manuel?

Ala ata outra e ¡Pola sombra!



Re: Nomes

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:

> Jesus Bravo Alvarez wrote:
>
> > Insisto, ¿algunha proposta?  Que non veña logo a xente a laiarse.
> > :-DDD
>
> eu xa dixen que o complicado era buscar outro novo ;)
>
> ___
> Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) 
>

Propoño usar Brainstorming ( cagalera mental ) para atopar un novo nome.

Tragalinux  -->TRAducción ó GAlego de LINUX
Soliga ---> Sistema Operativo Linux en GAlego
Progali ---> PROxecto de GAleguización de LInux
O Noso Linux  ---> Con connotacións historicas, recorda a "A Nosa Terra"
...

Agora tocavos a vos poñer máis, asi sexan novas ou estean baseadas nas miñas.
A ver se de aqui a unha ducia de mensaxes temos algo potable.

Deica outra.







Re: Sourceforge

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

> Tue, Mar 28, 2000 at 12:09:31AM +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:
>
> >> Eu voto por isto xa. :-D
> >
> >eu non o teño claro de todo ... non sei por qué pero non acaba de gustar
> >(non o podo explicar). claro que sendo obxectivos, é o mellor que temos
> >ata o momento ... :)))
>
> Manda carallo, pois máis non vas atopar...
>

Eu creo que comprendo a Creque, creo que lle gostaria que ficara todo na casa. 
Hai
que entendelo, o rapaz é "do pais". Se erro xa mo diras, e Creque.
A min pasame un pouco eso, pero creo que esta é a mellor opción e por tanto voto
por iso.

Deica outra.



Re: ¡Estatísticas!

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


Jacobo Tarrio escribió:

> * Paquetes novos, adoptados ou rematados dende a última revisión:
>
>  cibertiendaJuan J. Sanchez
>  gimp-perl      Francisco X. Vázquez
>  gimp-libgimp       Francisco X. Vázquez
>  gimp-std-plugins   Alexandre Riveira Gonzalez  <---(¡NON!)

Ejem, ante todo boas noites. Creo que ahi un peteno problema co dun traductor; o
que esta a traducir o gimp-std-plugins chamase Alexandre Riveira Fernandez, non
Gonzalez. Non é por nada pero e que se un dia mo atopo pola rua igual me bota a
culpa a min por decilo mal pero "a los hechos me repito:"

--Fragmento de mensaxe anterior---
>>[...]
>>Como xa dixen anteriormente imos traducir entre dous, Alexandre Riveira
>>Fernandez vai traducir o gimp-std-plugins.pot e eu o resto.
>>[...]

Ainda que é comprensible que te erraras se lle estabas a apretar un par de 
tuercas
ó grelo que boa falta lle facia.  XD

Abur xente, un saudo dende Brigantium.   [mailto:gran...@mundivia.es]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: Listas

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


"Manuel A. Fernandez Montecelo" escribió:

>
> > En canto a normativa a utilizar eu aposto por unha total liberdade.
> > Tamen hai que ter en conta que cada grupo ten as suas normas, sei que
> > nas do gzlinux aceptase calquera normativa ("en normativa oficial en
> > principio" din as normas) pero descoñezo as do Gpul-traducción.
>
> as normas dos grupos anteriores creo que non importan moito ...
>

Pois eu non diria tanto, ó fin e o cabo seguirá habendo dous grupos ainda que
traballando conxuntamente; se pillei o concepto.

>
> > Non se me acordan máis temas asi que ata outra.  ;-)
>
> pois a min si: parece sr que todos estamos de acordo no básico (lista
> conxunta) e nas funcións da lista conxunta, así que haberá que ir
> pensando onde, cado e como ...
>

Eu desas cousas non entendo pero ten que haber algunha paxina que ofreza
servicios gratuitos de listas de correo para Linux ¿non?. Digo eu que para
estas cousas non habera que ir pedir unha subvención a D. Manuel. ;-)

>
> aburinho!!
>

Abur.

PD: Este demo de servidor non debe funcionar moi ben porque recolle as
mensaxes so cando lle da a gaña.



Listas

2000-03-25 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

Pareceme que se plantexou por aqui a posibilidade de crear varias
listas, creo que é preciso plantexarse cales van ser os usos do legal.

-Foro de discursión sobre traduccion.
-Foro de discursion sobre linguistica e normativas ( fijo, pero fijo de
fijeira).
-E posible que xente allea ós proxectos queira facer preguntas.
- 

Creo que deberiamos manter o numero de listas reducido, pero duas
listas poderian ser precisas; LeGal e LeGal_Misc. Na primeira falariase
de temas unicamente de traducción e na outra poderiase usar para temas
varios coma o tipico pique entre rexeneracionistas e reintegracionistas.
O dificil seria poñe-lo limite entre elas, e dicir, ¿o anterior tema de
Xanela-Fiestra serian temas fundamentais para traducción (lista LeGal)
ou non (LeGal_Misc)?

As posibles preguntas de xente allea os proxectos irian mellor á lista
principal ¿nonsi?.


En canto a normativa a utilizar eu aposto por unha total liberdade.
Tamen hai que ter en conta que cada grupo ten as suas normas, sei que
nas do gzlinux aceptase calquera normativa ("en normativa oficial en
principio" din as normas) pero descoñezo as do Gpul-traducción.

Non se me acordan máis temas asi que ata outra.  ;-)


¿Quen hai aqui?

2000-03-23 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

Quixera saber quen esta suscrito a esta lista, ¿é unha suma do
gpul-traduccion e gzlinux?. ¿Estan todos os que estaban nesas listas?.

E outra cousiña >:-[ ¿ como é que ainda non se pronunciou ninguen do
gpul?

¿Xa se pode usar esta para calquera cousa?

Adeus.

PD: Que ben senta esto de estrear unha nova lista.



Re: O Correo Galego

2000-03-18 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

> Ola,
>
> Como é habitual, os da prensa din o que queren cando hai noticias
> sobre informática.  Segundo O Correo Galego, Rik Van Riel vai anunciar hoxe
> a traducción do Linux ao galego. :-))
>
> http://www.elcorreogallego.es/periodico/2318/Area_de_Compostela/s1633.asp
>

Pois botadelle unha ollada a La voz de Galicia, eles din:

"Nada menos que 64800 teclas pertenecientes a 600 ordenadores conectados en red.
No es la sede de la NASA , sino el encuentro "Xuventude Galicia Net", el primer
"Party" informático que se celebra en Galicia [...]"

¿Alguen lles di que non foi a primeira (digo o primeiro) party? XD  XD  XD

Francisco X Vázquez gran...@mundivia.es



--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Sobre a traducción do Gimp

2000-03-17 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola a todos:

Escribo para informar sobre como se esta a traduci-lo Gimp. O Gimp
son 4 pots:

-gimp.pot
-gimp-perl.pot
-gimp-libgimp.pot
-gimp-std-plugins.pot

Como xa dixen anteriormente imos traducir entre dous, Alexandre Riveira
Fernandez vai traducir o gimp-std-plugins.pot e eu o resto. Os paquetes
son o suficinte distintos como para que non haxa problemas de
traduccions distintas e cousas asi. Ademais ahi bo feedback entre os
dous traductores. Alex esta na lista dende hai algun tempo, podedes ver
a sua mensaxe de presentación se mirades nas mensaxes vellas, nel
ofreciase a axudar no que poidera.

Ben nada máis, saudos a todos ;-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Palabrotas.

2000-03-11 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

Traducindo o gimp.pot surxironme un par de palabras que non sei moi ben
como traducir, a ver se entre todos as sacamos.

Shapeburst  --> Shape = forma ; burst = estoupar ---> Traducino como
Resaltar Forma pero se se vos ocurre algo mellor pois decideo.

Shapeburst (dimpled)  ---> Dimpled = que ten holluelos  --->
traducino como Resaltar forma (ocograbado) ¿¡Algo mellor!?

Hex Triplet  --> Ramon Flores traduciuno como Triplete hexa. Como
non sei a que se refire ese hex non sei como seria a traducción,
¿algunha idea?

Tamen aparece nunha mensaxe "N/A", asi, tal como o escribo. Non sei
se se refire a Not Avaliable pero extrañame porque (de novo) mirando na
traducción á normativa AGAL de Ramon Flores aparece como N/C.

Ata outra. Francisco X. Vazquez

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe