Re: é posible unha reunión?
On 6/20/06, mvillarino wrote: O Martes, 20 de Xuño de 2006 11:17, Xabi G. Feal escribiu: > Home, eu agardo que neste caso se deixen de lado os exclusivismos. > > > Ola: > > Esa reunión será publica? se podo, gustaríame saber se podo asistir, en > > calidade de ouvinte. Saudos A min tamén me gustaría moito asistir, ainda que non teño pensado participar (confío en que as cousas se desenvolvan máis ou menos de acordo cos meus intereses). Creo que xa podedes ir reservando un espazo grande para acollernos a todos. Tampouco estaría mal que para variar os de Trasno nos xuntaramos unha vez, digo eu. En cando ó lugar eu preferiría que fora en Santiago, xa que é a única cidade galega que coñezo máis ou menos ben. Ata logo, Leandro Regueiro ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
Ben, entón póñase primeiro a data Semana do 26-2 Semana do 3-9 Semana do 10-16 Xa discutiremos logo se cabemos ou non cabemos todos (eu coido que non haberá problema). ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
O Martes, 20 de Xuño de 2006 11:17, Xabi G. Feal escribiu: > Home, eu agardo que neste caso se deixen de lado os exclusivismos. > > > Ola: > > Esa reunión será publica? se podo, gustaríame saber se podo asistir, en > > calidade de ouvinte. Saudos Por suposto, eu entendo que Trasno, ainda que como sítio web e lista de correo tem uns administradores/responsábeis é un lugar que serve de ponto de comunicaçom de voluntários. Parece-me, à vista dum fio recente, que nom som o único que tem esta opiniom. Portanto, a tal reuniom debe poder asistir qualquer subscritor da lista de correo de trasno (entendendo, para evitar problemas, por subscritores aqueles dados de alta antes do dia 2006-06-19, nom incluido). E tendo en conta os problemas que tem a comunicaçom cum grupo tam heterogéneo como pode ser este, para garantir umha assitência ampla, a reuniom nom deve ser num dia laboral. Que tal os dias 15 ou 16 de xulho de 2006, a partir das 11:00 am, no lugar que indique Antonio Perez Casas? -- Best Regards MV Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE pgp4fieLiLIgb.pgp Description: PGP signature ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
2006/6/20, mvillarino : O Martes, 20 de Xuño de 2006 02:20, Xabi G. Feal escribiu: > Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a > posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen > problemas tampouco). Entre o 15 e o 17 de xulllo de2006 nalgun lugar público de Santiago ou Lugo? Desta forma X Villar estará (e eu comezo vacacións). Eu chego o 13 de Xullo, e o 17 estou de servicio... Entremedias igual teño algunha ocupación, pero seguro que podo facer un oco :) A partir de ahí, seguro que teño mais tempo, pero creo que é mellor facer a reunión o antes posible... de feito, se non podo estar eu, tampouco pasa nada, teño plena confianza en vós ;P -- Xabier Villar ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
Home, eu agardo que neste caso se deixen de lado os exclusivismos. > Ola: > Esa reunión será publica? se podo, gustaríame saber se podo asistir, en > calidade de ouvinte. Saudos ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
Ola: Esa reunión será publica? se podo, gustaríame saber se podo asistir, en calidade de ouvinte. Saudos mvillarino escribió: O Martes, 20 de Xuño de 2006 02:20, Xabi G. Feal escribiu: Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen problemas tampouco). Entre o 15 e o 17 de xulllo de2006 nalgun lugar público de Santiago ou Lugo? Desta forma X Villar estará (e eu comezo vacacións). ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
O Martes, 20 de Xuño de 2006 02:20, Xabi G. Feal escribiu: > Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a > posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen > problemas tampouco). Entre o 15 e o 17 de xulllo de2006 nalgun lugar público de Santiago ou Lugo? Desta forma X Villar estará (e eu comezo vacacións). -- Best Regards MV Public key available at www.keyserver.net GPG Fingrprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE pgpcTCDnYTJRL.pgp Description: PGP signature ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen problemas tampouco). Segundo se desprende do correo, existen ánimos (agardo non cínicos) de enmendar a desatención e corrixir os erros. Creo que pola banda dos tradutores voluntarios existe a vontade de que, como tería que ser unha Iniciativa Galega polo SW Libre con apoio institucional, a promoción destas tecnoloxías de balde e o libre coñecemento asociado a elas responda só ao interese cidadán en primeiro lugar (eu diría que en único lugar, pero nestes tempos hai que ser pragmático) e sexa desenvolvida con máis transparencia e menos clientelismo dende o propio goberno como plataforma aberta de coordinación e xestión. Quero dicir que a desatención inicial que fixéchedes, non de todo xustificábel só por despiste ou ausencia de tempo, responde máis ben e contrariamente ao que se di, a que: -primades o obxectivo empresarial (Consellería de Industria) sobre o obxectivo do usuario. -primades ás asociacións e persoas que xa posuían trato cordial (quén non diría un achegamento dende días previos ao novo marco político favorábel) ou desenvolven paralelamente á administración, actividades en diversas asociacións (neutralidade) -confundides-mesturades, e agardo que non esteades sendo confundidos e/ou que non o fagades a sabendas, a diversas persoas, colectivos e entidades privadas, cuio interese vai máis aló da pura promoción do software libre (e polo tanto deberían ficar fóra desta iniciativa por incompatibilidade), nos que depositéchedes a vosa confianza e cedíchedes capacidades de decisión mentres omitíchedes por completo ás asociacións como Trasno. E non culpo ao profano de que o poida negar, mais existen datos e feitos que verifican isto (actuacións previas, por exemplo). O que si non agardo xa é que esta política responda ás propias iniciativas do goberno, senón que responde ás iniciativas que se lle fixeron chegar ao goberno por parte de persoas e entidades privadas. De feito, anque isto non suporía ilexitimidade algunha, dende o meu punto de vista, se a fonte das iniciativas foran os voluntarios e as asociacións independentes (e ollo con independentes: desinteresadas) e as iniciativas desinteresadas, si o sería se, como ocorre realmente, diversos grupos promotores coaccionan e asumen con posterioridade (quen sabe se con perpetuidade) algunhas ou moitas das xestións e proxectos delegados relacionados coa iniciativa, acaparando o ámbito de actuación e atendendo a intereses propios (e polo tanto desatendendo aos desinteresados axenos, como Trasno) que deste xeito desvirtúen os principios cos que nace a iniciativa. Pero en fin, isto non supón inconvinte ningún, nin moito menos, para rexeitar un ofrecemento deste tipo para, polo menos, conversar, informar e aclarar malentendidos, para tentar pór a iniciativa o máis enderezada posíbel polo interese que nos poida ter fornecer estas ferramentas libres a toda a xente. Saúdos. ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
Re: é posible unha reunión?
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE- Hash: SHA1 Boas Antonio, escribo anque faga moito tempo que non o faga, para darche a benvida como un dos membros máis antigo de trasno (de de antes incluso que este se chamase trasno) e tamen como exmembro do SEIN-Secus Ti ve-lo den de o punto de vista do que está dentro, pero tamén tes que comprender que pros que estamos fora e lavmos, por asi dicilo "un pao tras outro" resulta duro que para unha (ou duas ou tres) vez que a Xunta desenvolve un proxecto que pode ser interesante, vemonos deixados de lado, cando moitos levamos metido nisto desde antes daquel ano do 2000 no que naceu trasno (un servidor por exemplo leva desde o 98 metido na traduccion, lozalizacion e divulgacion do software libre) Por asi dicilo e se molesto a alguén coa comparación que mo diga e desculpe, moitos sentímosnos, ou iso creo eu, como naquela pelicula no nome do fillo, na que o goberno britanico acaba coas posibilidades de que os presos consigan o que queren como dereito, e propoñen á Igrexa catolica que lles propoña ós presos eses mesmos dereitos como un privilexio. Por asi situarmonos nese exemplo nos somos os presos, e vós a Igrexa. E cecais as circunstancias, o Goberno Inglés. De todos modos paréceme unha idea fantástica concertarmos unha reunion entre os diferentes grupos e asi achegar posturas. Pola miña parte en todo o mes de xuño éme imposible, anque me gustaría asistir, debido a compromisos das oposicions às que me presento. Non sei todo seria cousa de falalo e de ver se o resto do grupo estaría interesado, que penso que si, e de ver as datas que veñen ben, se non a todos, si a maioria Unha aperta Javier Bahillo Cabral -BEGIN PGP SIGNATURE- Version: GnuPG v1.2.1 (MingW32) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iQD1AwUBRJcbwM1OBrzsmqz4AQLQYgb8Ci+6uBXdik85IVeT90tlhBN4XseY9j1j Q8X3tEugckq/YoUn+CSR7NNPWoOkuLv4ZhGKHcJkIanOPEJzEbLjpFsswQ6lwDXC 1GDqbmvAL0kVgEsUL4aUPDt0gadlwdNjaPqcFyJNeU/2IdesNnFdfvbW7PGAhGzh zglmvx6KPT3gNTI+80srqPkExW8w0cWMxxKTHvy/yw0WbNBAM0EPqy/RIZdlwR1Y ts6nYu1uvipyAFWxiyf8Mfiqw8Op4SE/wTJv4GfbZiCZOwCUd74zjDeW5Fninw03 dp17n7IOw3A= =zWM5 -END PGP SIGNATURE- ___ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno