Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a 
posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen 
problemas tampouco). 

Segundo se desprende do correo, existen ánimos (agardo non cínicos) de 
enmendar a desatención e corrixir os erros. Creo que pola banda dos 
tradutores voluntarios existe a vontade de que, como tería que ser unha 
Iniciativa Galega polo SW Libre con apoio institucional, a promoción destas 
tecnoloxías de balde e o libre coñecemento asociado a elas responda só ao 
interese cidadán en primeiro lugar (eu diría que en único lugar, pero nestes 
tempos hai que ser pragmático) e sexa desenvolvida con máis transparencia e 
menos clientelismo dende o propio goberno como plataforma aberta de 
coordinación e xestión. Quero dicir que a desatención inicial que fixéchedes, 
non de todo xustificábel só por despiste ou ausencia de tempo, responde máis 
ben e contrariamente ao que se di, a que:

-primades o obxectivo empresarial (Consellería de Industria) sobre o obxectivo  
do usuario.
-primades ás asociacións e persoas que xa posuían trato cordial (quén non 
diría un achegamento dende días previos ao novo marco político favorábel) ou 
desenvolven paralelamente á administración, actividades en diversas 
asociacións (neutralidade)
-confundides-mesturades, e agardo que non esteades sendo confundidos e/ou que 
non o fagades a sabendas, a diversas persoas, colectivos e entidades 
privadas, cuio interese vai máis aló da pura promoción do software libre (e 
polo tanto deberían ficar fóra desta iniciativa por incompatibilidade), nos 
que depositéchedes a vosa confianza e cedíchedes capacidades de decisión 
mentres omitíchedes por completo ás asociacións como Trasno. E non culpo ao 
profano de que o poida negar, mais existen datos e feitos que verifican isto 
(actuacións previas, por exemplo).

O que si non agardo xa é que esta política responda ás propias iniciativas do 
goberno, senón que responde ás iniciativas que se lle fixeron chegar ao 
goberno por parte de persoas e entidades privadas. De feito, anque isto non 
suporía ilexitimidade algunha, dende o meu punto de vista, se a fonte das 
iniciativas foran os voluntarios e as asociacións independentes (e ollo con 
independentes: desinteresadas) e as iniciativas desinteresadas, si o sería 
se, como ocorre realmente, diversos grupos promotores coaccionan e asumen con 
posterioridade (quen sabe se con perpetuidade) algunhas ou moitas das 
xestións e proxectos delegados relacionados coa iniciativa, acaparando o 
ámbito de actuación e atendendo a intereses propios  (e polo tanto 
desatendendo aos desinteresados axenos, como Trasno) que deste xeito 
desvirtúen os principios cos que nace a iniciativa.

Pero en fin, isto non supón inconvinte ningún, nin moito menos, para rexeitar 
un ofrecemento deste tipo para, polo menos, conversar, informar e aclarar 
malentendidos, para tentar pór a iniciativa o máis enderezada posíbel polo 
interese que nos poida ter fornecer estas ferramentas libres a toda a xente.

Saúdos.


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a