Re: Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)
>O día 29/Sep/1999, Julio jose Gomez Diaz escribía: > >> O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar > > Ben, pero pódese pensar tamén que ese tipo de expresións non teñen moito >lugar no galego :-) Quero dicir que o uso de "i" ven moitas veces dado por usar >expresións castelás, e non galegas. Por exemplo: o que ti dis aí quedaría >mellor >dito como "E ben bo que che era". Non estou de acordo en que __neste__ caso o significado sexa idéntico. > > Aínda así, que se tome isto só coma unha opinión, non como un dato >científico :-) Eu creo que antes de usar "i" (que non escoito nunca na boca dos >meus parentes máis galego falantes, que levan falando galego desde sempre e que >son os que eu tomo de referencia nisto :-)) o que se debería facer é buscar >outras expresións máis acordes co galego. Repito: opinión personal :-) Totalmente de acordo en todo o parágrafo, tanto no de cales son as referencias a tomar, e no de non facer traduccións automáticas senon cambio de expresións e de construccións gramaticais mesmo. Unha traducción palabra a palabra entendémola por que entendemos o español ou somos falantes en castelán, para un galego falante aínda que a entenda non a percibe como pertencente á propia fala. Coincido contigo. Un saúdo. -- #X. X. G. D. # # (Phoenix sp.)->(Bubo oficcinalis)# # e-mail: infjg...@ucv.udc.es # # Outro.: xu...@usa.net# # http://capoeira.tsx.org # -- Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mesaxe
Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)
O día 29/Sep/1999, Julio jose Gomez Diaz escribía: > O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar Ben, pero pódese pensar tamén que ese tipo de expresións non teñen moito lugar no galego :-) Quero dicir que o uso de "i" ven moitas veces dado por usar expresións castelás, e non galegas. Por exemplo: o que ti dis aí quedaría mellor dito como "E ben bo que che era". Aínda así, que se tome isto só coma unha opinión, non como un dato científico :-) Eu creo que antes de usar "i" (que non escoito nunca na boca dos meus parentes máis galego falantes, que levan falando galego desde sempre e que son os que eu tomo de referencia nisto :-)) o que se debería facer é buscar outras expresións máis acordes co galego. Repito: opinión personal :-) -- Roberto Suarez Soto · Clean my wounds ask...@bigfoot.com· Wash away all fear Corgo/Lugo/Galicia/Spain · Let courage be mine -- Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mesaxe
Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)
On Wed, 29 Sep 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote: > O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar > ó feito de en español dicir "el agua" en vez de "la agua", que non e un > sustantivo > masculino, senon que emprega o artigo masculino para evitar a superposición > dos > fonemas, por eso penso que aínda que diga "graficamente representarase sempre > como e" > debería dicir explicitamente "aínda que na fala estea permitido empregar i", > que supoño que non o di. Ben, non son filologo, pero a min ensinaronme que en galego o e non fai cacofonía. Transcribo toda a entrada: i,conx.e. A conxuncion copulativa galega é sempre e. Dialectalmente existen duas áreas con estas realizacións fonéticas: unha con /E/ aberto sempre e outra con /E/ aberto diante de consoante e con semiconsoante /j/ diante de vocal distinta de /i/. Ambolos dous tipos de pronuncias son válidos pero é totalmente inadmisible a realización como /i/ vocálico en todalas posicións propia de algúns neofalantes e de pronuncias esnobistas. Graficamente representarémola sempre e, mesmo nos casos en que precede as vocais anteditas, tal como prescriben as normas académicas. (...sigue con detalles). > >Por certo este dicc. é moi recomendable. > > > > Supoño que para empregar a regla oficial como un fanático si. ¿Estas decindo que son fanático? Aportei este dato porque o tiña a man, e porque o libro en cuestion merece consideracion porque non so se dedica a poñer a caldo ós lusistas senon que en moitos casos aporta informacion util a todos (incluidos estes ultimos). Agora acabo de consultar o dicc. de Estravís, outra fonte digna de respeto, ainda que peque do contrario, e non recolle o i como conxunción copulativa. E de paso mirei tamen o dicc. portugués/español da Porto Ed. e tampouco recolle este uso do i. E sacando algo positivo de todo esto, que tal si alguén, por exemplo eu, ou mellor, si varios, se deican a recopilar fontes que poidan ser de utilidade, con comentarios que permitan un uso racional (quero decir poñer en claro de que pe coxean) :-) Xaquin -- Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mesaxe
Re: Re:GNOME_e_est...(lingua)
>Respecto das dubidas linguísticas: >> (Xa que estamos, outra dúbida. ¿Cando hai que poñer "i" no lugar >> de "e"? ¿Algunha vez, nunca?) > >Sacado do Dicc. de dúbidas da lingua (galaxia) > >i: a conxunción copulativa é sempre e.(...) Graficamente representaremola >sempre e, ... > O cal é unha incoherencia, pois "E era moi bo..." é unha cacofonía similar ó feito de en español dicir "el agua" en vez de "la agua", que non e un sustantivo masculino, senon que emprega o artigo masculino para evitar a superposición dos fonemas, por eso penso que aínda que diga "graficamente representarase sempre como e" debería dicir explicitamente "aínda que na fala estea permitido empregar i", que supoño que non o di. >Por certo este dicc. é moi recomendable. > Supoño que para empregar a regla oficial como un fanático si. -- #X. X. G. D. # # (Phoenix sp.)->(Bubo oficcinalis)# # e-mail: infjg...@ucv.udc.es # # Outro.: xu...@usa.net# # http://capoeira.tsx.org # -- Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mesaxe