2009/10/23 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Pois a ver,
>
> Lista de mans (só se que ocorría "índices" pero optei por seguir o literal)
> Lista de frechas (xa sei que en matemáticas significa "implica) pero
> resultaría estrambótico aquí, no uso xeral
> Lista de corazóns (supoño que se verán as iconas correspondentes)
> Principal
>
> E tamén optei pola preposición "de" e non por "con", ambas válidas
> para concordar coas demais opcións.
>
> 100%
>

 Boas,

 Persoalmente prefiro a preposición "con" para ese caso, pero tampouco
teño problemas con "de", así que apoio a homoxeneidade ;-).

 Por outra banda, o de "principal" non me convence moito. Igual me
trabuco, pero pensaba que esa opción se refería ó símbolo que se usará
para a representación dun "tabulador inicial" nunha liña (de aí
"leader"). A verdade é que non teño a aplicación (perdón, aplicativo
:-P) diante, e nunca a usei moito, así que non estou moi certo. Por
favor, corrixídeme.

 Saúdos,

 Román

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a