Fran Dieguez wrote: > Felipe Gil Castiñeira escribiu: > > Boas! > > > Concordo totalmente con vós: o grupo catalán é un dos mellor montados > > (hai que ter en conta que Carlos Perelló e Jordi Mallach, que son > > membros do equipo de tradución ao catalán, estiveron ao cargo de > > Launchpad desde o principio). > Vamos que eu buscaba axuda interna de ubuntu e fun dar co mellor do > mellor. Cool!
A verdade é que si, se temos que imitar a alguén, diría que os cataláns son un bo exemplo :-). > > > Por outro lado respecto á coordinación estiven agardando a resposta > > afirmativa de Fran, que finalmente se produciu esta fin de semana, para > > propoñer como "Consello do grupo de tradutores de Ubuntu ao galego" ao > > seguinte equipo (orde alfabética): > > > * Miguel Bouzada > > * Fran Diéguez > > * Antón Meixome > > * Eu mesmo (polo menos para botar unha man agora ao principio) > Eu pensaba que había eleccións, por iso de que non nos reprochen que > isto é unha asignación a dedo. Esa era a intención... pero como non houbo ningunha candidatura, creo que vai quedar así. > > Se non hai ningunha outra proposta, este equipo pasaría a ter tódalas > > funcións de coordinación dentro do "Grupo de tradutores de Ubuntu ao > > galego". > > > Un saúdo! > > Felipe. > > > P.S.: Fran: non che puiden responder ata agora, porque me pillas en > > pleno traslado de país. Nese sentido ata dentro de algo máis dunha > > semana non sei cando/como poderei ler o correo. > > Agardo que non nos abandones Felipe, sería unha mágoa perder a un gran > baluarte. Coido que nesta semana podemos ir mirando o tema de reunir un > pouco de documentación na Wiki. Se non vos importa vou a mirar como a > teñen outros grupos e recoller o mellor de cada un e "plaxiar"/traducir > ao galego. En https://wiki.ubuntu.com/Translations/KnowledgeBase/QualityAssurance están recollidas as estratexias de traballo de varios equipos. Aínda que non están aí, os brasileiros (https://edge.launchpad.net/~ubuntu-l10n-pt-br) tamén o teñen bastante traballado. > > Coido que deberiamos darlle un pulo a ubuntuengalego.org (Felipe que CMS > empregas?), cicáis metendolle un tema como o que fixemos en > www.usc.es/osl/ubuntu misturado con http://www.ubuntu.cat/ (agora é > cando precisabamos un ubuntu.gal , mecaginá). Uso o Plone (www.plone.org), pero está todo instalado nun VPS que non pode con el. Habería que utilizar outro servidor (e tal vez outro CMS). Supoño que xa o sabedes, pero para Drupal hai un tema de Ubuntu oficial (https://wiki.ubuntu.com/Templates). A parte boa dese tema é que é o que se usa na páxina oficial de Ubuntu. A parte mala é a mesma, xa que lles quita "personalidade" aos sitios que o usan. > > Por certo coido que hoxe instalando unha RC vin un fallo no slideshow da > instalación: "na cortorno". > > Saúdos > Saúdos. Felipe. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl