Ola, Pero como non se vai escoitar na fala diaria... Non hai que confundir as experiencias persoais coa realidade da fala...
Volvendo ao tema orixinal da discusion, eu creo que o problema dos textos desas pantallas e que se utiliza sistematicamente e varias veces na mesma oracion, e as veces incorrectamente. 2010/4/7, Manuel A Vazquez <xixi...@yahoo.es>: > Ola a todos: > Que non se escoite na fala diaria non quere dicir que non sexa correcto. > A perífrase HABER (de) + infinitivo é correcta, polo tanto pódese e débese > empregar. A riqueza de expresións é positiva para unha lingua. > O criterio de uso, se o aplicamos, debémolo aplicar sempre. Por exemplo, non > poderiamos usar o termo "devasa", porque nin os propios traballadores que > apagan os incendios, que fan moitas devasas nun verán, nin o usan nin > coñecen o seu significado. > > Manuel A Vázquez > xixi...@yahoo.es > > > > ----- Mensaje original ---- > De: Fran Diéguez <lis...@mabishu.com> > Para: ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > Enviado: mié,7 abril, 2010 14:48 > Asunto: Re: [Tradutores-Ubuntu] Fallos facendo o Quality Testing da Beta 2 > > On 07/04/10 14:43, Xosé wrote: >> Tempos compostos? Os exemplos que pos son da perífrase HABER (de)+ >> infinitivo. >> Tempos compostos serían HABER + participio de pasado ("he feito"). >> >> Xosé >> >> > Tes toda a razón, > > de todas formas non teñen coherencia co estilo de tradución do resto de > Ubuntu e penso que deberíamos reescribir ditas cadeas. IMHO sonan > bastante "arcaicas" e non se corresponden co galego máis "de pé de rúa". > Podedes decir que é correcto, e douvos toda a razón, pero aínda así eu > non escoitei a ninguén que use dita perífrase na fala diaria. > > Saúdos. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > > > > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Saúdos, Xosé Antonio Rubal. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl