2010/4/22 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Non, se iso sería o de menos. O que habería sería que falar coa RAG!!!
>
> Xosé
>
>

 Sobre todo, para que a Xunta non destine a millonada de fondos
públicos que empregou para que traduciran o Windows XP ao Galego logo
da Normativa 2003 (e xa sei que o político de turno o fixo, sobre
todo, -non falo de cores, porque tería ocorrido o mesmo fose quen fose
o que estivese no cargo- para levar unha pequena parte deses fondos...
pero para iso tamén volos podían dar a vós, para que continuarades coa
labor tan magnífica e sufrida que estades a facer, e así todo queda en
casa ;-). Por certo, Xosé, non subestimes o poder da publicidade: ter
contacto co redactor da nova é interesante :-)

 Román

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a