2009/10/12 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>

> Ola,
> Revisando no Logaliza e no Open-tran [1] as traducións de segmentos con
> 'ping' no inglés, tanto como verbo como como substantivo, vexo que a maioría
> das veces está traducido como 'facer ping'. Tamén vin algunha como 'aplicar
> o comando ping a unha máquina', mais non é representativo.
>
> Contodo, hai algunha tradución que prescinde da palabra 'ping', que é o que
> estou procurando: unha maneira alternativa de traducir este termo que sexa
> clara para o usuario leigo e aceptábel para persoas cun perfil máis 
> técnico.
> Encontrei, como verbo:
>
> ping the host > verificar o anfitrión
> ping subnet > contactar coa subrede
> ping local subnetwork > procurar na rede local
>
> No glosario de Trasno non vén e no de mancomún vén 'ping > ping' pero non
> se especifica se é substantivo ou verbo.
>
> Non sei se a tradución de "facer ping" foi algo consensuado nalgún momento,
> ou é un uso corrente que fan os informáticos (supoño que si), ou é algo
> improvisado. De todas as formas, mesmo se é un uso corrente por parte de
> informáticos, talvez conveña distinguir o uso coloquial que se fai cando se
> falar de usar ese comando (no que sempre se menciona o comando) e un uso
> máis formal en que o importante talvez sexa o significado da operación en si
> e non tanto o comando que se usa.
>
> Parécevos que algunha das traducións expostas (*verificar*, *contactar*,
> etc.) ou outra que se vos ocorra pode expresar o que fai o comando 'ping'?
> Se si, parécevos posíbel e/ou desexábel traducir este termo con algunha
> desas formas galegas? Pensades que sería aceptado?
>
> Unha aperta, Manuel
>

Eu xuraría que quen pariu a orde "ping" o que fixo foi empregar unma
onomatopeia...

Unha orde "ping" o que pretende e obter un eco como resposta, as
características (ou a ausencia) dese eco é a resultante desa orde e os datos
que fornece ese eco é o que se vai a procesar para obter unha verificación
(de presencia na rede) dun anfitrión ou da confirmación dunha conexión cunha
subrede, etc...



De ser preciso traducilo eu traduciriao por algo como "petición de eco",
"petición de resposta" ... pero creo que a sinxeleza, concreción e o feito
de que "ping" estea xa tan arraigado faino innecesario.

Neste momento, falemos con quen falemos, novel ou administrador de redes, a
orde para facer un "ping" non ten dúbidas

NOTA:
Levo días a corrixindo por todolos lados o termo "comando" e substituindoo,
xa que creo que tódolos comandos, neste momento, están en afganistan
cabreados.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino en conf.jabberes.org
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091012/ba56f7a0/attachment.htm
 

Responderlle a