>>> O de "facer ping" é de uso moi corrente, de feito nunca escoitei
>>> chamarlle doutro xeito. Para min que é onomatopeia, coma no xogo
>>> "ping-pong". A veces cando usamos a mensaxería instantánea a primeira
>>> mensaxe que envia a persoa que quere contactar é "ping" e a outra
>>> responde con "pong".
>>
>> ping está o suficientemente estendido como para voltar a reformulalo.
>> Ademáis que o seu uso é tan específico que non hai porqué cambialo. Os
>> informáticos nunca din outra cousa que non sexa ping e un usuario de
>> "pé" non ten porqué sabelo.
>>
>>> O de "petición de eco" sería aceptable.
>>
>> non estou de acordo
>>
>>> "unpingable" na miña vida o vin. Cando o programa ping non consigue
>>> contactar ca outra máquina entón di "unreachable" algo que por certo
>>> non sei moi ven como traducir.
>>
>> non alcanzábel. De feito o comando ping o que envía son instrucións do
>> protocolo ICMP que serve explicitamente para comprobar o alcance dun
>> equipo a outro.

Ségueme parecendo un pouco forzado. Mirando na súa entrada no digalego
vin "inaccesible" que me gusta moito máis:

http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=35841
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=35816

>>> Respecto de "command", habia moitas razóns en contra, como que non
>>> aparecia en ningún dicionario, que non tiña ese significado, etc. Si,
>>> creo que "comando" é maioritaria, estatísticas embaixo. Pero resulta
>>> que aparece no digalego con este significado
>>> http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=16324
>>
>> Coido que se discutiu suficiente nesta rolda como para voltar de novo
>> con este termo. O interesado que busque nos históricos
>
> Na miña opinión é o mesmo caso (o de command) que o de edit con
> significado de modificar. Que por falso amigo comezouselle a chamar
> editar a modificar. Se non me erro editar en galego ven a ser publicar
> mais non modificar. Agora o digalego se non me erro tamen recolle este
> significado como INFORM. Preparar datos para operacións posteriores.
> Visto isto para este significado emprego Edit-> modificar

Tes razón: http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=23950

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a