Intentarei responder a todo.

O de "facer ping" é de uso moi corrente, de feito nunca escoitei
chamarlle doutro xeito. Para min que é onomatopeia, coma no xogo
"ping-pong". A veces cando usamos a mensaxería instantánea a primeira
mensaxe que envia a persoa que quere contactar é "ping" e a outra
responde con "pong".

O de "petición de eco sería aceptable".

"unpingable" na miña vida o vin. Cando o programa ping non consigue
contactar ca outra máquina entón di "unreachable" algo que por certo
non sei moi ven como traducir.


Respecto de "command", habia moitas razóns en contra, como que non
aparecia en ningún dicionario, que non tiña ese significado, etc. Si,
creo que "comando" é maioritaria, estatísticas embaixo. Pero resulta
que aparece no digalego con este significado
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=ver&id=16324

comando --> 1027
Mandriva:  26
GNOME:  347
Inkscape:  3
KDE:  291
Mozilla:  7
OpenOffice.org:  253
SUSE:  42
Fedora:  1
XFCE:  57

orde --> 242
Debian Installer:  1
GNOME:  1
KDE:  231
SUSE:  9

orden --> 39
KDE:  39

instrución --> 19
XFCE:  19

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Responderlle a