Desde a Universidade de Vigo dinnos:

Para ter unha difusión maior, dende o duvi [1], recomendáronnos que as
activades que queiramos que teñan repercusión nos medios as fagamos pola
maña. Si é posible sería mellor a conferencia as 12 e as reunións antes e
despois. Vou reservar todo o día e cando teñamos algo mais concreto
modifícoo.

[1] http://duvi.uvigo.es/


En base a isto propoño...
        ** Mesa redonda 1 de 11:30 a 11:30 ( a de empresas-administración?
        ** Conferencia de 12:00 a 13:00
        ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15




2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>

> Despois duns días de traballo vendo posibilidades e establecendo os
> contactos base, queremos propor a primeira base de traballo que xa ten visos
> de posibilidade.
> Feitos os contactos coa FSF, queda encargado da relación entre a
> "Comunidade galega do Software Libre" e a FSF o compañeiro Roberto Brenlla.
> Como contacto directo coa Universidade de Vigo estiven a traballar eu, pero
> sempre en nome da "Comunidade galega do Software Libre" e non a nivel
> persoal ou dos grupos aos que pertenzo, agás no caso da soliciude "formal" á
> Universidade, na que era preciso facer unha solicitude concreta e que fixen
> como "membro de Galpon (que é asociación universitaria).
>
> Temos solicitado (xa indicaron o seu compromiso coa axuda, pero falta o
> correo "oficial" de confirmación) na Escola de Enxeñaria de Telecomunicación
> da Universidade de Vigo o espazo físico (dúas salas para mesas redondas e o
> salón de graos) para realizar o seguinte:
>   * Mesa redonda empresas-administración
>   * Mesa redonda GUL-OSL-empresas
>   * Conferencia... Que temos a idea de que sexa desde unha perspectiva de
> "conveniencia práctica e técnica, máis que desde a perspectiva
> ético/filosófica.
>
> Preséntansenos varias dúbidas (que teño que concretar coa Universidade o
> máis axiña posíbel)
>    * Horarios, só de maña, algo como:
>         ** Mesa redonda 1 de 10:30 a 11:30
>         ** Mesa redonda 2 de 11:45 a 12:45
>         ** Conferencia de 13:00 a 14:00
>
> Así quedaríanos tempo para facer unha comida comunitaria ( a escote) a
> organizar por alí cerca... un cocido ?
>
> Propoñede outras ideas...
>
> Precisamos a colaboración de todos cantos queiran colaborar...
>    * Poñente para a conferencia
>    * Recursos económicos, pretendemos que cada grupo faga unha pequena
> aportación económica ou asuma algún traballo en concreto (impresión de
> carteis, folletos, pegatinas...) cunha única sinatura (sen máis logotipo que
> os do evento) "Comunidade galega do Software Libre". Nestes días vou
> proceder a solicitar orzamentos.
>
> Xa temos o wiki abertto, que é de libre edición (previo rexistro)
>  http://wiki.mancomun.org/index.php/DFD-2011
> e material de difusión en galego
>  http://wiki.mancomun.org/index.php/Material_de_difusi%C3%B3n_do_DFD
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
<http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20110217/3ead8451/attachment.htm>

Responderlle a