Que vos parecería que no «hall» da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións,
pola tarde, montemos un "obradoiro" para a instalación de LibreOffice, ou
calquera outra «suite» que permita ao alumnado (ou quen queira) o traballo
con estándares abertos ???

opinións???
voluntarios???


2011/2/18 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>

> Entrada na Galipedia
> http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_da_liberdade_dos_documentos
>
> 2011/2/18 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>
> Xa estamos na «axenda» do Observatorio da Sociedade da información e a
>> modernización de Galicia da Xunta de Galicia
>>
>> http://www.osimga.org/gl/_agenda/20110216_xornada_dia_liberdade_documentos.html
>>
>>
>> 2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>>
>>> Comeza a aparecer na prensa
>>>
>>> http://www.codigocero.com/O-software-libre-galego-pecha
>>>
>>>
>>>
>>> 2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>>>
>>>> Solicitada a gravación e posterior publicación dos actos pola uvigo.tv... 
>>>> agardando novas.
>>>>
>>>>
>>>> 2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>>>>
>>>>> lapsus de dedas :-D
>>>>>
>>>>> En base a isto propoño...
>>>>>         ** Mesa redonda 1 de 10:30 a 11:30 ( a de
>>>>> empresas-administración? )
>>>>>
>>>>>         ** Conferencia de 12:00 a 13:00
>>>>>         ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15
>>>>>
>>>>> 2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>>>>>
>>>>>> Desde a Universidade de Vigo dinnos:
>>>>>>
>>>>>> Para ter unha difusión maior, dende o duvi [1], recomendáronnos que as
>>>>>> activades que queiramos que teñan repercusión nos medios as fagamos pola
>>>>>> maña. Si é posible sería mellor a conferencia as 12 e as reunións antes e
>>>>>> despois. Vou reservar todo o día e cando teñamos algo mais concreto
>>>>>> modifícoo.
>>>>>>
>>>>>> [1] http://duvi.uvigo.es/
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> En base a isto propoño...
>>>>>>         ** Mesa redonda 1 de 11:30 a 11:30 ( a de
>>>>>> empresas-administración?
>>>>>>         ** Conferencia de 12:00 a 13:00
>>>>>>         ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> 2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>>>>>>
>>>>>> Despois duns días de traballo vendo posibilidades e establecendo os
>>>>>>> contactos base, queremos propor a primeira base de traballo que xa ten 
>>>>>>> visos
>>>>>>> de posibilidade.
>>>>>>> Feitos os contactos coa FSF, queda encargado da relación entre a
>>>>>>> "Comunidade galega do Software Libre" e a FSF o compañeiro Roberto 
>>>>>>> Brenlla.
>>>>>>> Como contacto directo coa Universidade de Vigo estiven a traballar
>>>>>>> eu, pero sempre en nome da "Comunidade galega do Software Libre" e non a
>>>>>>> nivel persoal ou dos grupos aos que pertenzo, agás no caso da soliciude
>>>>>>> "formal" á Universidade, na que era preciso facer unha solicitude 
>>>>>>> concreta e
>>>>>>> que fixen como "membro de Galpon (que é asociación universitaria).
>>>>>>>
>>>>>>> Temos solicitado (xa indicaron o seu compromiso coa axuda, pero falta
>>>>>>> o correo "oficial" de confirmación) na Escola de Enxeñaria de
>>>>>>> Telecomunicación da Universidade de Vigo o espazo físico (dúas salas 
>>>>>>> para
>>>>>>> mesas redondas e o salón de graos) para realizar o seguinte:
>>>>>>>   * Mesa redonda empresas-administración
>>>>>>>   * Mesa redonda GUL-OSL-empresas
>>>>>>>   * Conferencia... Que temos a idea de que sexa desde unha
>>>>>>> perspectiva de "conveniencia práctica e técnica, máis que desde a
>>>>>>> perspectiva ético/filosófica.
>>>>>>>
>>>>>>> Preséntansenos varias dúbidas (que teño que concretar coa
>>>>>>> Universidade o máis axiña posíbel)
>>>>>>>    * Horarios, só de maña, algo como:
>>>>>>>         ** Mesa redonda 1 de 10:30 a 11:30
>>>>>>>         ** Mesa redonda 2 de 11:45 a 12:45
>>>>>>>         ** Conferencia de 13:00 a 14:00
>>>>>>>
>>>>>>> Así quedaríanos tempo para facer unha comida comunitaria ( a escote)
>>>>>>> a organizar por alí cerca... un cocido ?
>>>>>>>
>>>>>>> Propoñede outras ideas...
>>>>>>>
>>>>>>> Precisamos a colaboración de todos cantos queiran colaborar...
>>>>>>>    * Poñente para a conferencia
>>>>>>>    * Recursos económicos, pretendemos que cada grupo faga unha
>>>>>>> pequena aportación económica ou asuma algún traballo en concreto 
>>>>>>> (impresión
>>>>>>> de carteis, folletos, pegatinas...) cunha única sinatura (sen máis 
>>>>>>> logotipo
>>>>>>> que os do evento) "Comunidade galega do Software Libre". Nestes días vou
>>>>>>> proceder a solicitar orzamentos.
>>>>>>>
>>>>>>> Xa temos o wiki abertto, que é de libre edición (previo rexistro)
>>>>>>>  http://wiki.mancomun.org/index.php/DFD-2011
>>>>>>> e material de difusión en galego
>>>>>>>  http://wiki.mancomun.org/index.php/Material_de_difusi%C3%B3n_do_DFD
>>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>
>>>>
>>>
>>
>>
>> --
>>  /\  Document Freedom Day        - Libera os teus documentos
>> _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011
>>
>
>
>
> --
>  /\  Document Freedom Day        - Libera os teus documentos
> _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011
>



-- 
 /\  Document Freedom Day        - Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
<http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20110218/ba77956c/attachment.htm>

Responderlle a