A ligazón á wiki de mancomún a min non me vai. Dáme que é pola til da 
ligazón.


En 2011/02/17 18:16, Miguel Bouzada escribiu:
> Comeza a aparecer na prensa
>
> http://www.codigocero.com/O-software-libre-galego-pecha
>
>
> 2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmailcom <mailto:mbouzada en gmail.com>>
>
>     Solicitada a gravación e posterior publicación dos actos pola
>     uvigo.tv <http://uvigo.tv> ... agardando novas.
>
>
>     2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com
>     <mailto:mbouzada en gmail.com>>
>
>         lapsus de dedas :-D
>
>         En base a isto propoño...
>                 ** Mesa redonda 1 de 10:30 a 11:30 ( a de
>         empresas-administración? )
>
>                 ** Conferencia de 12:00 a 13:00
>                 ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15
>
>         2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com
>         <mailto:mbouzada en gmail.com>>
>
>             Desde a Universidade de Vigo dinnos:
>
>             Para ter unha difusión maior, dende o duvi [1],
>             recomendáronnos que as activades que queiramos que teñan
>             repercusión nos medios as fagamos pola maña. Si é posible
>             sería mellor a conferencia as 12 e as reunións antes e
>             despois. Vou reservar todo o día e cando teñamos algo mais
>             concreto modifícoo.
>
>             [1] http://duvi.uvigo.es/
>
>
>             En base a isto propoño...
>                     ** Mesa redonda 1 de 11:30 a 11:30 ( a de
>             empresas-administración?
>                     ** Conferencia de 12:00 a 13:00
>                     ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15
>
>
>
>
>             2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com
>             <mailto:mbouzada en gmail.com>>
>
>                 Despois duns días de traballo vendo posibilidades e
>                 establecendo os contactos base, queremos propor a
>                 primeira base de traballo que xa ten visos de
>                 posibilidade.
>                 Feitos os contactos coa FSF, queda encargado da
>                 relación entre a "Comunidade galega do Software Libre"
>                 e a FSF o compañeiro Roberto Brenlla.
>                 Como contacto directo coa Universidade de Vigo estiven
>                 a traballar eu, pero sempre en nome da "Comunidade
>                 galega do Software Libre" e non a nivel persoal ou dos
>                 grupos aos que pertenzo, agás no caso da soliciude
>                 "formal" á Universidade, na que era preciso facer unha
>                 solicitude concreta e que fixen como "membro de Galpon
>                 (que é asociación universitaria).
>
>                 Temos solicitado (xa indicaron o seu compromiso coa
>                 axuda, pero falta o correo "oficial" de confirmación)
>                 na Escola de Enxeñaria de Telecomunicación da
>                 Universidade de Vigo o espazo físico (dúas salas para
>                 mesas redondas e o salón de graos) para realizar o
>                 seguinte:
>                   * Mesa redonda empresas-administración
>                   * Mesa redonda GUL-OSL-empresas
>                   * Conferencia... Que temos a idea de que sexa desde
>                 unha perspectiva de "conveniencia práctica e técnica,
>                 máis que desde a perspectiva ético/filosófica.
>
>                 Preséntansenos varias dúbidas (que teño que concretar
>                 coa Universidade o máis axiña posíbel)
>                    * Horarios, só de maña, algo como:
>                         ** Mesa redonda 1 de 10:30 a 11:30
>                         ** Mesa redonda 2 de 11:45 a 12:45
>                         ** Conferencia de 13:00 a 14:00
>
>                 Así quedaríanos tempo para facer unha comida
>                 comunitaria ( a escote) a organizar por alí cerca...
>                 un cocido ?
>
>                 Propoñede outras ideas...
>
>                 Precisamos a colaboración de todos cantos queiran
>                 colaborar...
>                    * Poñente para a conferencia
>                    * Recursos económicos, pretendemos que cada grupo
>                 faga unha pequena aportación económica ou asuma algún
>                 traballo en concreto (impresión de carteis, folletos,
>                 pegatinas...) cunha única sinatura (sen máis logotipo
>                 que os do evento) "Comunidade galega do Software
>                 Libre" Nestes días vou proceder a solicitar orzamentos.
>
>                 Xa temos o wiki abertto, que é de libre edición
>                 (previo rexistro)
>                 http://wiki.mancomun.org/index.php/DFD-2011
>                 e material de difusión en galego
>                 
> http://wiki.mancomun.org/index.php/Material_de_difusi%C3%B3n_do_DFD
>
>
>
>
>
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Responderlle a