lapsus de dedas :-D
En base a isto propoño...
        ** Mesa redonda 1 de 10:30 a 11:30 ( a de empresas-administración? )
        ** Conferencia de 12:00 a 13:00
        ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15

2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>

> Desde a Universidade de Vigo dinnos:
>
> Para ter unha difusión maior, dende o duvi [1], recomendáronnos que as
> activades que queiramos que teñan repercusión nos medios as fagamos pola
> maña. Si é posible sería mellor a conferencia as 12 e as reunións antes e
> despois. Vou reservar todo o día e cando teñamos algo mais concreto
> modifícoo.
>
> [1] http://duvi.uvigo.es/
>
>
> En base a isto propoño...
>         ** Mesa redonda 1 de 11:30 a 11:30 ( a de empresas-administración?
>         ** Conferencia de 12:00 a 13:00
>         ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15
>
>
>
>
> 2011/2/17 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>
> Despois duns días de traballo vendo posibilidades e establecendo os
>> contactos base, queremos propor a primeira base de traballo que xa ten visos
>> de posibilidade.
>> Feitos os contactos coa FSF, queda encargado da relación entre a
>> "Comunidade galega do Software Libre" e a FSF o compañeiro Roberto Brenlla.
>> Como contacto directo coa Universidade de Vigo estiven a traballar eu,
>> pero sempre en nome da "Comunidade galega do Software Libre" e non a nivel
>> persoal ou dos grupos aos que pertenzo, agás no caso da soliciude "formal" á
>> Universidade, na que era preciso facer unha solicitude concreta e que fixen
>> como "membro de Galpon (que é asociación universitaria).
>>
>> Temos solicitado (xa indicaron o seu compromiso coa axuda, pero falta o
>> correo "oficial" de confirmación) na Escola de Enxeñaria de Telecomunicación
>> da Universidade de Vigo o espazo físico (dúas salas para mesas redondas e o
>> salón de graos) para realizar o seguinte:
>>   * Mesa redonda empresas-administración
>>   * Mesa redonda GUL-OSL-empresas
>>   * Conferencia... Que temos a idea de que sexa desde unha perspectiva de
>> "conveniencia práctica e técnica, máis que desde a perspectiva
>> ético/filosófica.
>>
>> Preséntansenos varias dúbidas (que teño que concretar coa Universidade o
>> máis axiña posíbel)
>>    * Horarios, só de maña, algo como:
>>         ** Mesa redonda 1 de 10:30 a 11:30
>>         ** Mesa redonda 2 de 11:45 a 12:45
>>         ** Conferencia de 13:00 a 14:00
>>
>> Así quedaríanos tempo para facer unha comida comunitaria ( a escote) a
>> organizar por alí cerca... un cocido ?
>>
>> Propoñede outras ideas...
>>
>> Precisamos a colaboración de todos cantos queiran colaborar...
>>    * Poñente para a conferencia
>>    * Recursos económicos, pretendemos que cada grupo faga unha pequena
>> aportación económica ou asuma algún traballo en concreto (impresión de
>> carteis, folletos, pegatinas...) cunha única sinatura (sen máis logotipo que
>> os do evento) "Comunidade galega do Software Libre". Nestes días vou
>> proceder a solicitar orzamentos.
>>
>> Xa temos o wiki abertto, que é de libre edición (previo rexistro)
>>  http://wiki.mancomun.org/index.php/DFD-2011
>> e material de difusión en galego
>>  http://wiki.mancomun.org/index.php/Material_de_difusi%C3%B3n_do_DFD
>>
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
<http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20110217/d64e9a7b/attachment-0001.htm>

Responderlle a