Esta mañá estiven na Escola de Telecos é xa temos reservados os espazos.

Pulimos un chisco a axenda
        ** Mesa redonda 1 de 1o:30 a 11:30 ( a de empresas-administración?
        ** Acto de presentación da xornada (fotos oficiais etc...) coa
participación da Dtra da Escola, e algunha outra "autoridade" 11:45-12:00
        ** Conferencia / debate de 12:00 a 13:00
        ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15

Comida comunitaria

Para a conferencia teño falado (e ofrécense a facelo) con profesores da
universidade que falarían dos "estándares nos formatos" como algo
necesario/imprescindible, algo que a min (xa que isto non vai de SwL, senón
de formatos libres) é que un deles é usuario de Mac,

Temos tamén confirmada a gravación e posterior publicación da xornada polo
equipo de uvigo.tv

Tamén estamos a ver de artellar un equipo de voluntarios de entre os alumnos
de Tecnoloxía multimedia, para facer instalacións de LibreOffice nos
computadores con Win e Mac dos alumnos que o soliciten. Para iso disporei
dun feixe de "pinchos" USB e non ter que estar todo o tempo tirando da rede
(e agardando).
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
<http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20110222/bdef13dc/attachment.htm>

Responderlle a