Unha cousa que non comentei é o feito de cómo facer os femininos e plurais con este modelo.
- invariábel - variando en xénero e número (engadindo -s) Optaría pola segunda opción 1ra e 1ras, 2do e 2das,... Por se non queda suficientemente claro, o criterio é coller sempre as últimas dúas letras da palabra (ou frase que indica o número) abreviada, agás no plural onde se marca o plural pemitindo unha letra máis para que se manteña a transparencia e sistematicidade. Por suposto, tamén me parece obvio, nos número compostos a partir do 11mo farase seguindo a mesma lóxica de conservar as últimas dúas letras aínda que sexan números que se escriben separados (desde o cambio da Normativa no 2003). décimo segundo > 12do e non *10m2do nin *décimo 2do vixéximo terceiro > 23ro e non *20m3ro Tendo en conta ademais que o feminino ou o plural normal só varía no segundo elemento nestes casos: décimo segunda > 12da vixésimo terceiras > 23ras Creo que non me esquezo de ningún detalle, xa... Antón -- Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org> ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : meixome.vcf Tipo : text/x-vcard Tamaño : 854 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090610/c7be6425/attachment-0001.vcf