mvillarino escribiu:
> 2009/6/11 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>:
>   
>> Co mesmo criterio que empregas ti para o portugués, en galego é diferente.
>> Non teño aquí a normativa do español.
>>     
>
> A norma do español, consultábel no buscon.rae.es, é: 1.º
>
> É comodo, é congruente coas normas viciñas, tanto a castelá como a
> portuguesa, queira que esta non a define explicitamente (idem para o
> galego), e pode escribirse en calquera teclado de venda legal na
> galiza, con independencia de que a tecla en cuestión vaia asociada
> para o 00b0 ou o 00ba.
>   
Concordo, xa o dixen, por min perfecto como recomendación no campo da 
ortotipografía.
> (A maiores, na norma castelá finalmente racionalizaron a escrita dos
> números, facéndoa congruente co uso nas publicacións científicas
> internacionas: a separación de milleiros faise con espazos, no caso de
> que haxa que facela. Non é a práctica xeral, de feito supoño que a
> maioría dos castelán-escribintes non o saben, pero non só é cómodo, é
> sensato.)
>   
Tiña entendido que é unha norma da UNESCO pero non o sei certo. A 
racionalización un éxito, o problema é que os procesadores de texto non 
distinguen entre o espazo dos milleiros (curto) e o que hai entre 
palabras (maior). Problema o xustificado automático. Resultado : cifras 
cortadas entre liñas. Consecuencia : non é práctico para a vida 
ordinaria. Só se controla ben en imprenta ou en edición profesional. 
Pero si, eu tamén apoio o uso teórico do espazo para non haxa 
ambigüidades entre a reprentación anglosaxona e a latina.

>> Isto coincide co uso absolutamente
>> maioritario en galego escrito. Non me parece viábel cambiar a práctica
>> xeral.
>>     
>
>   
>> Tamén estou convencido de que dicir 1.ª ou 2.º non podería considerarse
>> incorrecto pero iso non soluciona os problemas de cando se usa un conxunto
>> de caracteres básicos, que é do que estamos a falar,
>>     
>
> Aparéceseme entón un problema: non indicache unha fonte autoritativa
> onde estexa definido o concepto de "conxunto de caracteres básicos".
>
>   
No ASCII non están

        ! " # $ % & ' ( ) * +, -. / 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 :; < = > ?

    @ A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z [ \ ] ^ _
    ` a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z { | } ~


O carácter º e o de ° aparece no ASCII extendido, por exemplo en ISO 
8859-1. Xa sei que hoxe case todo se fai en UTF-8.

>> Pero a miña proposta é exclusivamente establecer unha sistema regular, 
>> mediante
>> numerónimo, no caso de que non interese ou non sexa cómodo  indicar un
>> ordinal mediante os caracteres indicadores propios de ordinal. Ese é o
>> problema que me encontrei na localización.
>>     
>
> Acabáramos!, se o queres facer mediante numerónimo non inventes ren:
> fusílate o sistema catalán ou o polaco e andando. Como vexas.
>   
Home, pois se ti controlas as solucións en catalán ou polaco, que por 
algo as terán, podías achegárnolas. Eu non. So me atopei un sistema 
incongruente e propuxen algo mellor. Nin sequera o invento senón  busca 
en Google por "3ro", "2do" ...  a miles, en galego tamén. O que fixen 
foi estudar a sistematicidade e  xustificala.

A conta disto, pensaches na linguaxe telegráfica sms en galego? ... 
outra razón.

> Aliás, JFDR, non encontrei tal problema nunca. Podes citar polo menos
> tres casos concretos?
>   
Se non é un problema entón esquéceo, non ten importancia.

> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090612/97c8b6c6/attachment-0001.vcf
 

Responderlle a