2009/6/11 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>:
> Co mesmo criterio que empregas ti para o portugués, en galego é diferente.
> Non teño aquí a normativa do español.

A norma do español, consultábel no buscon.rae.es, é: 1.º

É comodo, é congruente coas normas viciñas, tanto a castelá como a
portuguesa, queira que esta non a define explicitamente (idem para o
galego), e pode escribirse en calquera teclado de venda legal na
galiza, con independencia de que a tecla en cuestión vaia asociada
para o 00b0 ou o 00ba.

(A maiores, na norma castelá finalmente racionalizaron a escrita dos
números, facéndoa congruente co uso nas publicacións científicas
internacionas: a separación de milleiros faise con espazos, no caso de
que haxa que facela. Non é a práctica xeral, de feito supoño que a
maioría dos castelán-escribintes non o saben, pero non só é cómodo, é
sensato.)

> Isto coincide co uso absolutamente
> maioritario en galego escrito. Non me parece viábel cambiar a práctica
> xeral.

> Tamén estou convencido de que dicir 1.ª ou 2.º non podería considerarse
> incorrecto pero iso non soluciona os problemas de cando se usa un conxunto
> de caracteres básicos, que é do que estamos a falar,

Aparéceseme entón un problema: non indicache unha fonte autoritativa
onde estexa definido o concepto de "conxunto de caracteres básicos".


>Pero a miña proposta é exclusivamente establecer unha sistema regular, mediante
> numerónimo, no caso de que non interese ou non sexa cómodo  indicar un
> ordinal mediante os caracteres indicadores propios de ordinal. Ese é o
> problema que me encontrei na localización.

Acabáramos!, se o queres facer mediante numerónimo non inventes ren:
fusílate o sistema catalán ou o polaco e andando. Como vexas.

Aliás, JFDR, non encontrei tal problema nunca. Podes citar polo menos
tres casos concretos?

Responderlle a