Non parece que sexa un problema exclusivo de Ubuntu (en Debian 3/4 do
mesmo). Sería moi conveniente dispor dunha distribución do paquete
myspell-gl-es (que é parte dependente de Hunspell) co verificador
actualizado para evitar todo isto. A versión actual instala un verificador
en normativa de mínimos que está creado a partir do verificador para aspell.


2009/7/22 xabier <xabier en tagenata.com>

> Ola, facía un tempo que non revisaba este tema que vos comento a
> continuación.
> Parece que aínda non se amañou.
>
> A instalación do galego en Ubuntu segue a dar problemas. A instalación
> de "language-support-gl" segue a requerir a instalación do dicionario de
> mínimos (pode romperse esa dependencia, pero loxicamante non se lle pode
> pedir esos coñecementos de administración a unha persoa usuaria normal)
> En Openoffice.org o dicionario que se utiliza  cunha instalación standar
> é o de mínimos, polo que hai que administrar extenxións para poñer a
> funcionar o hunspell.
>
> Creo que sería importante traballar na liña de solucionar este problema.
> Galinux presenta unha soclución, pero segue a ser parcial.
>
> Dende Mancomun, pola capacidade que tedes, deveriades tentar poñervos en
> contacto con Ubuntu para que cambie a situación.
>
>
> Saúdos.
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090722/fff9ca8f/attachment-0001.htm
 

Responderlle a