Despois de procesar eses dous ficheiros de dicionarios que mandou 
Leandro, o resultado é que aparecen 2954 palabras que non recoñece o 
hunspell actualmente.

O problema é que moitas delas non son correctas, ou son variantes 
expresivas (arrañaceo !!, etc ) de palabras comúns... e, por outro lado, 
case non hai nada do ámbito informático.polo que o número de candidatas 
a incorporarse ao dicionario será moito menor e precisa dunha minuciosa 
peneira...

Non o digo por desanimar senón como aviso de que non se utilice esa 
lista como parte dun vocabulario porque hai demasiado que filtrar. A 
partir do día 15 sacaremos un listado o máis depurado posíbel e máis 
enfocado ao campo informático...

Mando á lista o resultado do traballo (palabras que non recoñece o 
corrector) que fixemos hoxe por aquí...

Saúdos e non desanimárense

Antón

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
An embedded and charset-unspecified text was scrubbed...
Name: lista_dicionarios_nonhunspell-2.txt
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090112/657ae110/attachment-0001.txt
 
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090112/657ae110/attachment-0001.vcf
 

Responderlle a