> O problema é que moitas delas non son correctas, ou son variantes expresivas
> (arrañaceo !!, etc ) de palabras comúns... e, por outro lado, case non hai
> nada do ámbito informático.polo que o número de candidatas a incorporarse ao
> dicionario será moito menor e precisa dunha minuciosa peneira...
>
> Non o digo por desanimar senón como aviso de que non se utilice esa lista
> como parte dun vocabulario porque hai demasiado que filtrar. A partir do día
> 15 sacaremos un listado o máis depurado posíbel e máis enfocado ao campo
> informático...

Xa sabía eu perfectamente que ía haber este problema. Sorprendeume un
pouco a cantidade de palabras que neses diccionarios aparecian co b ou
o v cambiados respecto a como son agora (p.ex. "asovallar"). Por outra
parte fíxeno porque habia certas palabras (non moitas) que me
sorprendeu que o corrector non aceptara porque eu pensaba que eran
correctas.

Non me desanimei. Sabia perfectamente que o traballo este era unha
barbaridade, pero sigo pensando que non foi mala idea. Dame igual que
as palabras teñan que ver ca informática ou co que sexa, son palabras
que todo corrector medianamente bo debería aceptar.

Por certo, sigo algo "desgustado" co feito de que o corrector non
ofrece a solución mellor e só a máis aproximada. Supoño que será pola
idea que tiñan os programadores cando se fixo.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Reply via email to