>> verifiquei, pero levo media mañá ferrallando co "extrairmsgstr" e
>> extrae ben as cousas, pero tamén me pon a información da cabeceira do
>> ficheiro ó comezo do ficheiro de saída. Estiven mirando o
>> "potificador" pero non entendo moi ben o choio así que non avancei
>> moito na resolución do problema. Marce, tes algunha idea de por que
>> rula así? Seguirei mirando.
>
> Pois porque extrairmsgtr fai exactamente iso: extrai o contido dos msgstr.
>
> De TODOS os msgstr...tu xa me entendes...

Entendo, o que non entendo é por que demo o "extrairmsgid" rula
perfectamente sen meter nada da cabeceira no ficheiro de resultado o o
"extrairmsgstr" si pon as cousas da cabeceira. Despois de todo non hai
tantas diferencias entre un e outro ficheiro.

> (Para evitar iso, terás que modificar o ficheiro oportuno, e por
> exemplo meterlle un contador incrementado con cada achádega dun
> msgid/msgstr, e meterlle unha garda onde saca os resultados, de tal
> xeito que só os saque onde o contador valla polo menos unha unidade
> máis do que o valor inicial)
>
> A ver, estou algo afogado estes días, que haber haberá crise, e non
> dubido de que antes do verao ha de agarrarme, pero macho, estou até as
> pelotas de traballo: teño que pór ao día os ficheiros tocados no
> repositorio do kde, facer a revisión apartir da auditoría que está a
> facer miguel (*), darlle algo para diante a outras traducións nas que
> ando metido, facer unhas cousas na casa e ir ás rebaixas, a ver se
> saco algo de tempo para isto, pero non che prometo nada.

Non hai présa. Se hai sorte xa o resolvo eu. Hei probar a ver se a
partir do que xa hai e máis do "potificador" saco algo.

> E os comandos < file.txt tr  -cs "A-Za-z'" '\012' | sort | uniq -c |
> sort -n | awk '{print $2}' , e xa sei que na bash o < non vai diante,
> téñoos empregado algunha vez, e funciona(ba)n.

Home, cun "cat |" igual se pode obviar o "<"...

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a