Por min:
Howto : Guía, instrucións

Tutorial: tutorial

FAQ: preguntas frecuentes

Leandro Regueiro escribiu:
>>> Howto: Se cabe a posibilidade de que "guía" sexan interpretada polos
>>> especialistas como un produto diferente (e esta entrada da Wikipedia parece
>>> apuntar a que si [http://en.wikipedia.org/wiki/How-To] ao mellor era
>>> preferible pensar nalgunha alternativa.
>>> Aí vai unha proposta: que tal un "como facer", que recolle o "COMO" do que
>>> falaban Marce e Leandro e se constrúe en paralelo ao "como se fixo" (EN:
>>> making of) do ámbito cinematográfico?
>>>
>> Eu deixaria Howto. Está totalmente implantado. Não penso que haja que
>> traduzir tudo como método para criar terminologia para o galego da
>> Galiza. E mesmo penso que para termos tao frequentes nao faz sentido nenhum.
> 
> O dito, ou "Howto" ou "Como". En open-tran só aparece un resultado en
> KDE que mantén Howto. Mágoa que no open-tran non inclúan tódalas
> traducións feitas para un idioma, igual ía sendo hora de montar nós o
> noso propio open-tran...
> 
> 
>>> FAQ: Xa que intentar substituír siglas tan implantadas (pensade tamén en
>>> SMS) ha ser ben difícil, no Quebec adoptaron unha solución que -como mínimo-
>>> se podía analizar: collen a sigla coñecida e 'énchena' con contidos
>>> franceses.
>>> Así, collen o "frequently asked questions" e convérteno en "foire aux
>>> questions"; desta forma poden manter a mesma sigla.
>>> Sería posible facermos nós algo así?
>>>
>> O mesmo digo para FAQ.
> 
> Penso que deberia quedar FAQ, enténdeo todo o mundo. Como dixeron é o
> mesmo ca CD, pero DVD escríbese igual sexa en inglés ou traducido
> ("Digital Versatile Disc" e "Disco Versátil Dixital").
> 
> 
>>> Tutorial: Se o intentamos xustificar como unha evolución galega, penso que a
>>> forma preferible sería "titorial" (derivado de "titor", igual ca "doutoral"
>>> ou "profesoral" derivan de "doutor" e "profesor").
>>> Se o entendemos como un anglicismo que se incorpora directamente ao galego
>>> (e as localizacións preexistentes parecen entendelo así
>>> [http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=tutorial&logalizaL2=&direcci
>>> onconsulta=en-gl-logaliza], o máis lóxico sería usar "tutorial".
>>>
>> O de titorial é muito discutível e sobretudo argumentar que uma decisão
>> feita para o padrão decidido na Universidade galega é uma evolução
>> galega :-D
>> Para mim sem dúvida seria tutorial.
> 
> Eu tiña totalmente asumido que era "titorial". De feito non lembro ter
> usado nunca "tutorial". Para contradicir os datos do CLUVI temos os do
> open-tran (http://gl.en.open-tran.eu/suggest/tutorial) onde as únicas
> veces que non aparece coma "titorial" aparece coma "cursillo" ou
> "cursillo rápido" ou tense que manter a cadea orixinal.
> 
> 
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 

Reply via email to