O Xov, 29-01-2009 ás 15:00 +0100, Mar Castro escribiu:
> Boas Miguel, é certo que ninguén respondeu ao teu correo e non se 
> publicou polo momento unha nova ao respecto.
> Pero dende logo me parece un pouco inxusto que envíes este correo tan 
> reinvindicativo, xa que tampouco pasou tanto tempo dende o teu aviso e 
> ademais nos últimos meses vimos publicando novas ao respecto de KDE 4 e 
> das súas RC (por certo sen necesidade de que o pediras ;-) ) deixando 
> boa constancia da vosa capacidade para manter a tradución ao galego ao 100%.


Sinto que se me entendera coma revindicativo, pretendía ser informativo.
Ben sei que publicades acerca de KDE, o cal alégrame. 

Escribín a mensaxe por dous motivos:
- resaltar que o anuncio da KDE 4.2 é importante por ser a primeira
versión da seríe destinada ó público xeral
- comentar acerca das calidade da tradución ó galego de KDE 4.2, xa que
falo do que estamos a facer  nós mesmos 

Reenviei a mensaxe porque:
- ninguén contestara á mensaxe, inda habendo actividades nas listas de
mancomun
- vin publicar novas en mancomun.org pero ningunha sobre de KDE

e pensei que _igual se vos pasara:, non pretendía ser esta unha crítica.

Si fixen unha crítica a respecto da relevancia das novas, e é que saia
unha alpha de calquera distro (máis tendo ciclos de 6 meses) non é tan
relevante coma unha nova versión dun entorno de escritorio,
especialmente neste caso. Esta crítica non a faría se recoller a nova
non supuxera máis ca uns minutos de lectura do anuncio oficial e
resumilo brevemente. No meu correo orixinal dei a info necesaria para
redactar a noticia, con nota sobre da tradución incluida. Con iso
pretendía contribuír a facilitarvos o traballo. 

Dende trasno estamos agradecidos pola vosa axuda. Non pensedes que somos
un pedichóns, xente que nunca nos contentamos... só somos xente
apasionada polo SL. Para resaltar o que digo, na akademy-es falei da boa
relación que hai con mancomun.org e de canto nos axudarades. 

Saúdos, 

Miguel Branco



 


Responderlle a