Olá,

Desculpas adiantadas por non terte contestado.

Si o publiquei onte no meu blog:
http://brenlla.blogaliza.org/2009/01/28/kde-42-liberada-traducida-totalmente-ao-galego/

que logo foi recollido vía RSS na web de AGNIX:
http://agnix.org/?q=node/2107

Saúdos,
Roberto


2009/1/29 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>:
> Antonte mandeivos un reocordatorio á lista de g11n de que a KDE 4.2
> saíra liberada e traducida ó galego ó 100% e pediavos que, se forades
> tan amables, publicarades unha nova en mancomun.org. Dous días despois
> vexo que nin ninguén contestou á mensaxe, nin a nova se publicou (inda
> que sí publicastes outras varias e moi rigorosamente publicades ata
> cando saen as alphas de Ubuntu) así que insisto de novo no que me parece
> un feito _moi_ relevante en relación ó software libre. Replico a miña
> mensaxe de antonte:
>
> ...........................................................
>
> Mándovos un recordatorio de que hoxe saíu liberada
> a nova versión de KDE 4.2 (hai escasamente unhas  horas) e de que se
> agradecería unha nova en Mancomun.org:
>
> http://www.kde.org/announcements/4.2/guide.php
> http://www.kde.org/announcements/4.2/
>
> En canto á l10n; 20 idiomas sobrepasan o 80%, o cal é un verdadeiro
> éxito.
> http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/toplist/
>
> e se non me fallan as contas 53 idiomas traduciron os paquetes
> esenciais, o cal é motivo de admiración. Isto supón cubrir, como dixen
> na akademy-es 08, coma 700 mill de persoas deste planeta na súa lingua
> nativa!!. Por certo, moitos destes idiomas son da rexión da India e do
> arquipélago Indonesio.
>
> Evidentemente o galego está ó 100% ;) *(vd. NB) grazas a eminentes
> trasnos coma Marce Villarino, quen se adicou a... todo, coordinar e
> traducir e tamén corrixir; a Xosé Calvo quen fixo moito da
> documentación, e máis, modestamente, eu e a todos os que contribuíron
> anteriormente. Dicir que a tradución de KDE 4.2 está mellorada pois con
> ela empezamos a revisar traducións, que se converteran nunha aposición
> de estratos de tradución con diferentes estilos e diferentes normas
> feitas en diferentes anos (2000-2009!).
>
> Inda que o traballo é de momento _incompleto_ (está revisado, penso,
> parte de Koffice, parte de Kbase e a totalidade de KDEPIM), subsana unha
> boa cantidade de erros ortográficos e de coherencia terminolóxica que
> había.  Espero que avancemos en sucesivas versións a este respecto.
> .....................................................................
>
> *NB: se mirades en en l10n.kde.org veredes un 98% pois isto débese á que
> tras o lanzamento de KDE 4.2 abriuse de novo a inclusión de novas cadeas
> a traducir que se incluirán nas sucesivas actualizacións de KDE 4.2.x. A
> KDE 4.2.0 está no 100% virtual.
>
> Como opinión,  debido ó cambio nas licenzas en KDE e Qt e a este novo
> lanzamento dunha moi estable (dígoo porque levo mes e algo usándoa a
> diario, betas e RCs, e sei do que falo) será difícil que KDE sexa
> ignorado por proxectos, por exemplo, Galinux. Xa digo, só é unha
> opinión.
>
> Miguel Branco
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
Roberto Brenlla
CKO en C.T.I. TEGNIX, S.L.
http://www.tegnix.com
http://www.agnix.org
http://brenlla.blogaliza.org/
VoIP: brenlla en ekiga.net

Responderlle a