Manuel Souto Pico escribiu:
> Permítome mudar o asunto, e pido desculpas por non mudalo no meu 
> correo anterior.
>  
>
>
>     >     >> Por outra banda comentar que estamos mirando de montar un
>     >     glosario de
>     >     >> terminoloxia comun sobre TBX para terminoloxia referente ó
>     >     software, e
>     >     >> tiña interese en saber se algún ou algunha de por aí sabe
>     algo
>     >     do tema
>     >     >> e/ou está interesado/interesada en colaborar.
>     >
>     >     Anxo sinaloute coma unha persoa que poderia estar interesado
>     nisto.
>     >     Tes tempo e/ou ganas?
>     >
>     >
>     > Buscando outra cousa na miña caixa do correo encontrei este correo
>     > vello, e esta pregunta non sei se ía para min ou para quen. Pero si
>     > poderia estar interesado en colaborar. Coas palabras glosario,
>     > terminoloxía, software e TBX fágome unha idea, pero alguén pode
>     > explicar ben en que consiste a tarefa? Hai alguén xa facendo algo?
>     >
>     > Saúdos, Manuel
>     >
>     >
>     >
>     ------------------------------------------------------------------------
>     >
>     > _______________________________________________
>     > G11n mailing list
>     > G11n en mancomun.org <mailto:G11n en mancomun.org>
>     > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>     >
>     Creo lembrar que a Anxo Otero xa lle facilitamos desde Mancomún a
>     memoria de tradución non só de Firefox senón de todo Mozilla.
>
>
> Si, sobre iso non preguntaba nada. 
>
>
>
>     Tamén en Mancomún estamos a traballar tanto no glosario
>     (actualmente uns
>     3000 termos) como na publicación mediante un esquema de TBX
>     simple. Está
>     pendente de cumprir un certo nivel de calidade.
>
>
> De que maneira se poderia colaborar?
> En que formato está o glosario?
> Podes explicar que se entende por "un certo nivel de calidade"?
>
> Saúde, Manuel
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   
Hai moito camiño aínda para colaborar. Non facemos o glosario para 
térmolo no caixón. De feito debería ser público a esta altura. Quero 
dicir que cando se publique será para que se utilice e se mellore. Eu 
espero que sexa un paso adiante importante.

O formato do glosario:  estamos  cunha versión en  folla de cálculo, 
vamos, unha táboa, para facilitar a conversión ao .tbx simple. 
Recollemos iso si, unha gradación na fiabilidade extraída "da realidade 
da tradución" e non de criterios de selección ou "autoridade".

Unha entrada en formato TBX-Basic adaptado ao Lokalize:

<termEntry id="C000-1">
                <langSet xml:lang="en">
                    <ntig id="C0001en1">
                        <termGrp>
                            <term>abbreviation</term>
                        </termGrp>
                    </ntig>
                </langSet>
                <langSet xml:lang="gl">
                    <ntig id="C0001gl1">
                        <termGrp>
                            <term>abreviación</term>
                        </termGrp>
                    </ntig>
                    <ntig id="C0001gl2">
                        <termGrp>
                            <term>abreviatura</term>
                        </termGrp>
                    </ntig>
                </langSet>
          </termEntry>



Un nivel de calidade no noso glosario é cando se convirta nunha 
ferramenta útil e fiábel para o tradutor. Para iso ten que ser completo, 
a partir dun conxunto de fontes representativas, consistente nas 
equivalencias, xa que se trata de emparellamentos terminolóxicos entre 
inglés e galego, consensual cos seus usuarios e aceptábel para a lingua 
de chegada na tradución, o galego. Un "certo nivel" é polo menos cumprir 
os dous primeiros chanzos. O consenso depende da comunidade e para iso 
temos aberto un proceso de "elaboración lexicográfica" no idioma " e a 
validación normativa corresponde a quen todos sabemos. Eu son unha peza 
máis nese proceso.

Por outra parte quero lembrar que hai outro equipo, en absoluta 
desconexión parece, facendo un dicionario de  novas tecnoloxías (non 
glosario de localización de software) desde o Colexio de Enxeñeiros de 
Telecomunicación.

http://www.vieiros.com/nova/66485/un-dicionario-recollera-os-termos-sobre-novas-tecnoloxias-na-nosa-lingua

Antón Méixome









Responderlle a