>>> Como exemplo
>>> 1. abreviation(1) = abreviación (redución)
>>> 1. abreviation(2) = abreviatura (tipo de redución convencionalizada)
>>>
>>> 2. abreviation = (1)abreviación, (2)abreviatura
>>>
>>> Isto está moi relacionado co que preguntabas sobre a amplitude do
>>> glosario. Se só introducimos os termos nos que temos unha única forma,
>>> entón o glosario resulta seguro pero tamen' frustrante. Eu opto por un
>>> enfoque menos ríxido no que a inseguridade se paliará mediante
>>> prevalencias, notas, contextos ou mesmo estilo do tradutor.
>>
>> Haberá que ver que clase de notas e todo iso, para representalo en TBX
>> (isto cae dentro do que nos fai falta no glosario, algo do que falo
>> por riba noutra parte desta resposta).
>
> Unha suxestión:
> No lokalize, cando se escolle co teclado inserir desde o glosario un termo
> para o que ten varias alternativas de tradución, móstrase unha lista para
> escoller unha das alternativas, coa primeira delas escollida. En consecuencia,
> sería recomendábel que a preferida, de habela, fose a primeira.
> Exemplo:
> window:
>        -fiestra
>        -ventá
>        -xanela

Nos exemplos que vin por aí curiosamente a tradución ou traducións
recomendadas sempre están de primeiras, ainda que non creo que o
estándar obrigue a elo. En todo caso penso que iso deberia facelo a
ferramenta CAT (o de poñer as traducións recomendadas primeiro e
seleccionalas por defecto).

Seguindo co tema este, supoño que as ferramentas CAT que soportan
minimamente TBX non soportarán todo o estándar e nin sequera todo o
que penso que nos faria falta, pero vexo como mellor solución ver que
é o que nos fai falta no glosario, buscar no estándar TBX as etiquetas
necesarias, e despois ver que subconxunto delas soporta a ferramenta
CAT. Se houbera algunha etiqueta que non recoñece a ferramenta CAT
seria cuestión de comentarllo ó desenvolvedor (non lle levaria moito
tempo se son poucas cousas) ou directamente meterlle nós man ó código
e enviarlles un parche. Respecto ó de comentarllo ó desenvolvedor
penso que teriamos máis éxito se non somos nós os únicos que lle
pedimos iso; falo de contactar con outras iniciativas que intentan
obter glosarios ou fomentar a calidade a través da reutilización de
frases moi usadas na tradución:

Nova sobre FUEL: http://www.linux.com/feature/149038
FUEL: https://fedorahosted.org/fuel/
ANLoc: http://africanlocalisation.net/en/terminology
Servidor de probas de ANLoc: http://o2.it46.se/gm_test/

No servidor de probas de ANLoc están introducindo os termos (máis de
mil, con definición, ámbito e outras trangalladas), e cando teñan
rematada a lista permitiranlle ós voluntarios traducir os termos a
varias linguas do sur de áfrica.

> (Nota: cfr. co caso no que dúas termEntry teñen un mesmo termo inglés;
> aparecerán como dúas entradas independentes no glosario, por exemplo «prompt»
> no tbx de exemplo do websvn......gl)

Si. Pero volvendo ó tema do software para glosarios perfecto, creo que
deberia dar a posibilidade de mostrar unha lista coma a do actual
glosario, con palabras en inglés e tódalas súas posibles traducións,
ou non?

>>> * Debian (10-02-2009)
>
> Pero se acaba de saír Lenny!!! Non sexas cutre, actualízate!

Non sei onde lin que parece que Debian xa non se está traducindo ó
galego. Cria que tiñas pensado considerar se te meter alí ou non. Se
estás dubidando porque pode ser moito traballo estaria disposto a
axudar, ainda que sempre vin o de traducir Debian coma algo dificil.

Ata logo,
                    Leandro regueiro

Reply via email to