2009/2/20 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> Para que non se perdan e que sexan útiles en calquera momento, Leandro,
>> recollinas aquí.
>>
>> http://wiki.mancomun.org/index.php/Outros_recursos
>
> Eu estábaos enviando á lista para non perdelos eu (a función de busca
> no correo do gmail funciona ben), pero aí probablemente estean máis á
> vista.
>
> Por certo, vou editar para poñer a lingua diante, para cando se
> discutan os termos ter localizados os recursos en castelán e en
> portugués (e nas outras linguas do diagrama de fluxo da guia de
> estilo).
>
> E verei de completalo con algunha lingua máis. Estou pensando en se
> non seria boa idea enviar unha mensaxe ás diferentes roldas de correo
> dos proxectos pedíndolle colaboración ós tradutores para localizar os
> glosarios das súas linguas, se é que os teñen.

A ligazón que vai ó "Ficheiro com máis de 800 topónimos galegos." non
rula. Busqueino na sección de descargas pero non a atopei.

Por certo, co recurso de Microsoft pódese consultar en calquera
lingua, incluido o galego, non será mellor poñelo na lista de recursos
do galego?

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a